08/05/2018
ENCONTRO PARTICIPATIVO NO CET PARA MELLORAR O MEDIO AMBIENTE

INFRAESTRUTURA VERDE DE GALICIA CONVOCA UNHA CHARLA COMARCAL NO CENTRO EMPRESARIAL TRANSFRONTEIRIZO DE BARBADÁS DIRIXIDO A ASOCIACIÓNS, EMPRESAS E CIDADANÍA EN XERAL
O obxectivo da Estratexia de Infraestrutura Verde é levar a cabo unha ordenación integral do territorio dende o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación: adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc
O encontro terá lugar o mércores día 9 de marzo no Centro Empresarial Transfronteirizo de Pontón (Camiño do Pontón, 25, estrada N-540, Pontón)
- Instituto de Estudos do Territorio da Xunta organizou un encontro participativo para coñecer a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.
- O encontro terá lugar o mércores día 9 de maio no Centro Empresarial Transfronteirizo de Pontón (Camiño do Pontón, 25, estrada N-540, Pontón).
- A infraestrutura verde é un concepto que integra a protección de servizos ecosistémicos e a mitigación e adaptación ao cambio climático.
- A finalidade desta estratexia é a creación dunha rede de espazos naturais e seminaturais planificados estratexicamente.
- O Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) acollerá mañá mércores 9 de maio ás 18,00 horas un encontro participativo para a elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia
- Este encontro está dirixido a asociacións, empresas e cidadanía en xeral dos concellos da comarca de Ourense
- Concellos englobados nesta actividade participativa: Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Espadañedo.
- O obxectivo da Estratexia de Infraestrutura Verde é levar a cabo unha ordenación integral do territorio dende o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación: adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc.
- Tamén se pretende asegurar a provisión de servizos de abastecemento (producción e seguridade alimentaria, abastecemento de auga e enerxía) e de servizos culturais: ocio, benestar, saúde, paisaxe, etc.
- Estas redes planificadas de espazos verdes poden proporcionar múltiples beneficios a través do soporte dunha economía verde, a mellora da calidade de vida e a protección da biodiversidade.
- Tamén será posible a través desta estratexia incrementar a capacidade dos ecosistemas para propiciar servizos como a redución do risco de desastres naturais, a purificación da auga, a calidade do aire e os espazos de ocio.
- Pola mañá, ás 11,30 horas no CET de Barbadás está previsto un encontro participativo dirixido a persoal político e técnico dos 18 concellos da comarca de Ourense mencionados.
- Algúns antecedentes da aplicación dos aspectos fundamentais de Infraestructura Verde poden atoparse na creación de hortas ecolóxicas ou o aproveitamento de terreos co fin de reducir o risco de inundacións.