18/11/2020

Entre flores e eventos… pasa a vida de Arturo

Emprendemento en Barbadás

Arturo - Floristería y funeraria A Valenzá
  • Arturo Varela é un emprendedor de Chantada que buscou na Valenzá o mesmo que tivo na súa infancia: “un pobo no que eu coñecía e axudaba a todos e todos me coñecían e axudaban a min”.

 

  • Abriu a funeraria Ourense en 2013 no lugar que xa coñecía dos seus anos mozos, cando xogou no equipo de Baloncesto de Barbadás. “Un tempo despois, cando quixen abrir un negocio, pensei en facelo aquí mesmo e pareceume que bares xa había moitos así que formeime para o traballo de funerario”… e está convencido de ter acertado.

 

  • Pasou uns meses de formación en Vigo Memorial e abriu floristería e funeraria na Avenida de Celanova.
    Aos poucos, contactou con todos os propietarios e traballadores dos comercios veciños ao seu. Un ano organizou unha xuntanza de Nadal cos que tiña máis preto, e ao ano seguinte, con case todos xa.

 

  • Afeccionado á tecnoloxía, Arturo atopou en “whatsapp” a mellor ferramenta para os contactos, porque xa está xeneralizado o seu uso cotiá, en detrimento do correo electrónico. Utiliza a mensaxería telefónica para manter informados a todos os integrantes da asociación de comerciantes recentemente creada que preside.

 

  • No grupo de mensaxería telefónica comparte con todos información oficial ou dispoñibilidade de máscaras, e todos plantexan nel ás súas necesidades concretas, cando buscan provedores, material ou calquera outra información.

 

  • Defínese como unha persoa “resolutiva e atenta” e convencida de que non hai que moverse só por interese nin esperando sempre repercusión directa no negocio “senón por pura implicación coas persoas que te atopas, coma se fai nos pobos”

 

  • Dende o comezo da pandemia os confinamentos foron mermando a actividade, tamén no seu abano de servizos. Agora di ter tempo para pensar como melloralos. Ten o local totalmente ocupado por flores, pero dende alí Arturo xestiona, organiza, planifica… enterros, vodas, bautizos, festas familiares de aniversario, aluga un fotomatón, unha discoteca móbil, constrúe estruturas para eventos.

 

  • As flores son o elemento común de toda a súa actividade, e programa cada idea para que sexa segura para veciñas, veciños e visitantes, porque até agora traballou moi cerca da COVID en morgues hospitalarias, residencias e familias con defuncións, e coñece os riscos.

 

  • Esa preocupación, común a todos os comerciantes, levouno a pedir autorización municipal para vender na rúa, baixo carpas, as súas flores para o pasado Día dos Defuntos. E aínda non sabe como será a campaña de Nadal, que xa o fixo famoso na contorna polas súas ideas orixinais.

 

  • Os seus proxectos inmediatos son darlle voltas a cesta de Nadal deste ano (una rachadora “caixa mortuoria” chea dos agasallos que outros sortean en cestas algo máis convencionais) … e rematar a nova planta da súa tenda, na que instalará oficina para comezar a ofrecer seguros de decesos “como xa fan as demais funerarias de Barbadás e do mundo”.

 

  • Cando Arturo sabe que a súa entrevista é a primeira da serie prevista, insiste en deixar claro que no concello de Barbadás hai solución para “absolutamente todas as las necesidades”, así que anima a que as compras desta época se fagan todas no comercio local.

Arturo - Floristería - funeraria A Valenzá

Barbadás Quéreo Viveo, Promoción económica

CONTENT.1714077958

SINGLE.1714077958