19/03/2022
Entrega en Barbadás de equipamentos a 13 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense
PROTECCIÓN CIVIL DE BARBADÁS RECIBE UNHA CARPA PLEGABLE PARA A ATENCIÓN DE EMERXENCIAS
Esta mañá tivo lugar en Barbadás a entrega de equipamento a 13 agrupacións de voluntarios coa presenza de O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alen Castro, acompañando ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.
- No acto de entrega estiveron delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alen Castro, acompañando ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron entrega aos Alcaldes que asistiron esta mañá en Barbadás a entrega de13 tendas de campaña para as emerxencias ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense que resultaron beneficiarias da orde de axudas da Xunta para equipamentos de emerxencias, dotada con 1.022.600 euros.
- Recibiron equipamentos as agrupación de voluntarios dos concellos de Bande, Barbadás, Boborás, Carballeda de Avia, Cartelle, Castro Caldelas, Cortegada, Lobios, Allariz, Riós, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, fixo un recoñecemento específico da agrupación de voluntarios de Barbadás, por ser un referente a nivel provincial e autonómico e fíxoo extensivo a todas as da provincia e agradeceu a aportación da Xunta na aportación dos equipamentos.
- “Esta carpa utilizarase, ademáis de en operativos de emerxencias, en dispositivos preventivos e únese á carpa hinchable que xa tiña o Servizo de Emerxencias de Protección Civil de Barbadás”, comenta Daniel Rey.
- A entrega realizouse en Barbadás como lugar centralizado no que outras agrupacións tamén recibiron equipamentos.
- “A actividade de cada agrupación é a que puntúa na entrega deste material”, explica Daniel Rey, responsable de Protección Civil Barbadás.
- Enmarcada nesta dotación de material que se ven recibindo nos últimos anos implica que “sexa un Servizo de Protección Civil mellores dotados da provincia de Ourense”, indica Rey.