23/06/2024
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza de Barbadás.
26 de xuño ás 19:00 h, no Centro Empresarial Transfronteirizo
- O Centro Empresarial Transfronteirizo acollerá, o vindeiro día 26 de xuño, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 19:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe, en orixe, dos residuos orgánicos. É un evento aberto a toda a veciñanza de Barbadás que dispoña dun terreo cun mínimo de 50 m 2 no que instalar un composteiro.
- O número de composteiros a repartir é limitado, polo que instamos a aquelas persoas que desexen recibir un, a inscribirse previamente a través da web
https://barbadas.rsu.gal/, reservando así o material.
- A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.
- Esta campaña conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
- Máis información a través do teléfono 647 521 464 ou do correo
residuos@barbadas.es.