18/01/2020

Entroido de Barbadás 2020: créanse 3 novas categorías de participación

O ENTROIDO DE BARBADÁS CREA 3 PREMIOS ESPECIAIS: AO DESEÑO, Á ANIMACIÓN E Á MÁIS NUMEROSA

Os premios a comparsas oscilan entre os 900 e os 500 euros

O prazo de inscrición para participar comeza o 27 de xaneiro e remata o 21 de febreiro

  • O desfile do Martes de Entroido de Barbadás terá lugar o 25 de febreiro a partir das 17,00 horas.
  • A Conncellería de Cultura establece as seguintes categorías de participación: carrozas, comparsas (ambas con un mínimo de 10 persoas), parellas/tríos e individuais.
  • No apartado infantil establécense as aseguintes franxas de participación: de 0 a 5 anos, de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos.
  • Os premios ás mellores carrozas e comparsas serán de 900 euros o 1º premio, 700 as segundas clasificadas e 500 € as terceiras mellores carrozas ou comparsas.
  • En parellas/tríos haberá 3 premios de 300, 150 e 100 euros respectivamente para as/os primeiros, segundos e terceiros clasificados/as.
  • Na categoría de individuais haberá un único premio de 200 euros.
  • O Entroido de Barbadás na edición de 2020 crea 3 novas categorías especiais para carrozas ou comparsas non premiadas: ao mellor deseño, á mellor animación e á máis numerosa.
  • Estes premios especiais terán unha contía de 200 € para cada un/unha dos/as gañadores/as.
  • Respecto aos participantes na categoría de “Infantil”, os/as gañadores/as recibirán un único premio por cada unha das 3 categorías. O premio consistirá nun bono regalo por valor de 200 euros para mercar en librerías e xogueterías do concello.
  • As asociacións que participen no desfile compostas por 10 ou máis persoas e se atopen debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás a 31 de decembro de 2019 recibirán unha axuda de 100 euros.
  • O xurado estará compsto por 5 persoas, 2 en representación do Concello (con voz pero sen voto).
  • O xurado terá en conta á hora de valorar aos participantes principalmente calidades que respondan ao espíritu do Entroido: graza, empatía co público, sátira e transgresión. Tamén se valorará a animación musical, a creatividade e a elaboración do vestiario e o resto do atrezzo.
  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegura que “o Entroido é un dos eventos máis importantes para Barbadás ao longo do ano. Por esta razón dende o Concello quermos seguir potenciando esta cita festiva para potenciar a cultura e o ocio, senón tamén a economía local”.
  • A concelleira de Cultura, Marga Pérez, salienta a importancia de dinamizar o Entroido de Barbadás a través do incemento nas categorías que poden optar aos premios, ” de xeito que se fomente a participación nun dos Entroidos máis importantes da provincia de Ourense”.
  • As persoas interesadas poden obter máis información na Casa de Cultura, rúa San Bernabé, 37, 32002, A Valenzá. No teléfono 988246885 e no correo electrónico: casacultura@barbadas.es.
  • As normas de participación establecen que todos os vehículos participantes deberán ter en vigor a poliza de seguro, que na categoría infantil deben ir acompañados de unha persoa adulta, e que queda prohibido o uso de petardos ou lanzamento de obxectos perigosos ao público.

Cultura, Novas

CONTENT.1728266268

SINGLE.1728266268