21/03/2019

Escolares de Barbadás plantan árbores autóctonas

ESCOLARES DOS COLEXIOS “O RUXIDOIRO” E “FILOMENA DATO CELEBRAN O DÍA DA ÁRBORE PLANTANDO ESPECIES AUTÓCTONAS

  • Escolares dos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro participaron esta mañá nunha actividade didáctica práctica plantando árbores en parques .

  • A actividade ten como obxectivo “concienciar sobre a importancia de protexer as árbores e bosques, xa que entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, purificando o aire, ademais, minimizan os riscos de inundación e erosión, aportan vida e froitos ás persoas e os animais”, explica Rafael Sierra Carril, concelleiro de Medio Ambiente.

  • Alumnado do Colexio Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro, participou nunha plantación de árbores na área do Parque infantil da Solaina e no parque dos cans, na cal os traballadores de xardinería e protección civil de barbadás explicaron e axudaron a que os propios rapaces plantaran as árbores, aprendendo así os pasos necesarios para levar a cabo unha boa plantación, sinala Marga Pérez, concelleira de Educación

  • A actividade desenrolouse a primeira hora polos nenos/as de infantil de 5 anos do Filomena Dato no parque da Solaina, levando consigo unhas follas elaboradas por eles co seu nome para colocar nas árbores. A partir das  12:00 foi o turno  do alumnado de 3º de primaria de O Ruxidoiro cara o parque dos cans.

  • Os/as alumnos do colexio O Ruxidoiro despois de realizar a plantación no parque dos cans, ao carón do viaducto, plantaron 6 árbores máis no propio centro educativo, en concreto na zona habilitada para a actividade de hortos escolares.

  • As árbores que se plantaron pertencen a especies autóctonas: carballos, castiñeiros, acevros e bidueiros, así como liquidambar.

Educación/Formación, Medio ambiente, Novas

CONTENT.1713409565

SINGLE.1713409565