04/12/2019
Escolares do colexio Filomena Dato, concelleiros/as por un día

OS/AS ESCOLARES DO COLEXIO FILOMENA DATO PLANTEXAN NO PLENO INFANTIL A NECESIDADE DE CREAR UN CARRIL BICI E INSTALAR PLACAS SOLARES NOS EDIFICIOS PÚBLICOS
Alumnado de 6º de Primaria protagonizaron unha sesión plenaria na que eran concelleiros/as
- Alumnos/as de 6º de Primaria foron esta mañá os protagonistas na celebración do pleno infantil, presidido polo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.
- O alumnado do colexio Filomena Dato plantexou a través de 4 mocións unha serie de necesidades e proxectos que consideran prioritarios.
- Os/as escolares acompañados dos/as seus/súas profesores/as coñeceron os diferentes departamentos que compoñen a casa do concello: Rexistro, Urbanismo, Tesoureiría, Intervención, Padrón, Secretaría e outros lugares coma os despachos de alcaldía ou a sala de xuntas.
- Entre as propostas que debateron os/as alumnos/as que foron elixidos polos/as compañeiros/as para ser concelleiros por un día figuran a mellora dos viais da Valenzá e o arranxo das beirarrúas.
- Outra das mocións que plantexaron os/as alumnos/as plasmaba a proposta de habilitar parques para mozos/as, nenos/as e maiores. Tamén apuntaban crear un circuito de skate e para bicis e tamén un carril bici.
- No pleno infantil, despois de xurar ou prometer o cargo, estiveron ademais do alcalde, a concelleira de Educación, Marga Pérez, e a tenente alcalde, Victoria Morenza e a secretaria do Concello de Barbadás, Silvia Alonso.
- Ao abordar a segunda moción do alumnado, dende o goberno informouse que está a piques de abrirse unha pista de skate e trial de bicis na Valenzá. Esta pista está só pendente de tramitación burocrática.
- Valcárcel explicou que as características orográficas da Valenzá non fan viable a creación de un carril bici.
- A instalación de placas solares nos edificios municipais foi outra das iniciativas plantexadas polos/as alumnos/as. Dende o goberno indicouse que se está elaborando unha auditoría enerxética para efectivizar o gasto en enerxía eléctrica e para promover a sostenibilidade enerxética.
- A cuarta moción solicitaba a creación de un punto limpo e un parque de cans. Ante esta proposta dende o goberno informouse de que xa existe un servizo para recoller enseres que se transportan a un punto autorizado de xestión de residuos.
- Respecto ao parque de cans anunciose que o que está situado xunto viaducto contará nos vindeiros meses con novos elementos de xogo e que o que está ao principio do barrio da Valenzá será acondicionado para a presenza de mascotas.
- O alumnado tamén plantexou outras propostas como a creación de un mercadiño mensual para intercambio de obxectos que evite consecuencias negativas sobre o cambio climático. Tamén se apuntou a idea de crear actividades na rúa: ioga, karaokes e cantigas.