29/10/2022

Estratexia de promoción da Saúde en Barbadás: presentación e mesa de traballo

BARBADÁS INICIA A SENDA PARA ELABORAR UN MAPA DE RECURSOS QUE TEÑAN UN IMPACTO POSITIVO NA SAÚDE E NO BENESTAR DA VECIÑANZA

Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello á Estratexia de Promoción da Saúde

Representantes veciñais, de servizos Sociais, Centro da Muller, Policía Local, Protección Civil, Urbanismo, colexios, farmacias participaron na mesa da traballo que significa o punto de partida para a iniciativa

  • Esta mañá tivo lugar a presentación da adhesión do Concello de Barbadás á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde.
  • A presentación foi o paso previo a unha mesa de traballo na que estiveron representados o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, e a tenente alcalde, Victoria Morenza.
  • Á mesa de traballo asistiron representantes dos colexios (directora do colexio O Ruxidoiro, Elena Gayo), dos Servizos Sociais, , farmacias responsable da farmacia de Barbadás, Portal Martínez), policía, protección civil, policía local, asociacións de veciños de Loiro (Julia Garrido) e Fonsillón Carlos García) e da asociación Fonval Teresa Santos), así como do departamento de Urbanismo.
  • O Concello de Barbadas acordou no Pleno ordinario do pasado mes de xuño a incorporación á Estratexia de Promoción da Saude e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, “o que facilitará a posta en marcha de actuacións específicas para mellorar a saúde e prevencion de enfermidades entre a poboación”, sinalou o alcalde de Babadás, Xosé Carlos Valcárcel.
  • Esta adhesión e a liña de traballo iniciada sitúa a Barbadás nunha rede nacional con gran experiencia e co respaldo da Rede Española de Cidades Saudables (RECS).
  • O rexedor explicou que “esta estratexia propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a promocionar a saúde, previr as enfermidades, as lesións e a discapacidade, e actuar de maneira integral durante todo o curso da vida”.
  • O obxectivo é incidir sobre factores como a actividade física, a alimentación, o tabaco, o alcohol e o benestar emocional, tendo en conta o territorio no que vive a poboación.
  • “A finalidade é que a poboación de máis idade manteña o maior nivel de autonomía durante o máximo tempo posible”, destacou Valcárcel.
  • As actuacións da primeira fase desta estratexia consisten en facilitar información, recomendacións e apoiar a cidadaníasobre cómo facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables, incluindo a realización de actividades de promoción da saúde polas parroquias e a elaboración dunha guía cos recursos dispoñibles no territorio para promover estes hábitos.
  • Posteriormente “as accións chegarán tamén á poboación infantil, embarazadas, persoas maiores continuaremos desenvolvendo actividades específicas que melloren a saúde e a prevención da fraxilidade e caídas, por entender esta situación como un dos maiores riscos para adiscapacidade e dependencia nesas idades”, apuntou o rexedor.
  • Valcárcel apuntou que “estamos precisamente neste momento, da constitución e da presentación desta estratexia de ámbito nacional. Estamos nun momento en que o benestar emocional é algo que preocupa porque está xerando, incluso no noso concello, unha presenza de autolesións, intentos de suicidio que é alarmante e no ámbito estatal é importante”.
  • “O que pretende precisamente é actuar sobre todos estes hábitos que acabamos de mencionar, tamén para mellorar hábitos do día a día dos nosos veciños e das nosas veciñas para que melloren precisamente a súa calidade de vida”, remarcou o rexedor.
  • O coordinador do proxecto, Rubén Varela, comentou que “do que se trata é da adhesión do concello a unha estratexia nacional, a unha proposta que hai dende o Ministerio de Sanidade, que ademais vai encamiñada á consecución dos obxectivos do movemento sostible, concretamente o obxectivo tres de saúde e benestar”.
  • Marca un pouco as políticas e o traballo de moitos dos nosos ámbitos: saúde, protección civil, servizos sociais….. neste caso concreto ponse o foco sobre o tema de saúde e benestar”, apuntou Varela.
  • Para Varela “é certo que os concellos son a administración máis cercana e a que ten que dar certas respostas. Certas respostas limitadas porque evidentemente as atribucións en materia de saúde son as que son para un concello e a veces coa saúde centrámonos no centro de saúde, na parte médica pero hai outras cousas que si nos afectan tamén”.
  • O coordinador da iniciativa indicou que “ten razón de ser que estea aquí a policía local, protección civil que este organismo por exemplo ven porque cando falando de que o entorno sexa seguro tamén temos que pensar pois que o camiño dos nosos fillos ata o colexio ten que estar ben planeado e ben estruturado e que sexa seguro para previr accidentes e é unha forma da cuidar da saúde da nosa cidadanía, non é solo que non teña caídas na casa, que tamén, ou que tome medicamentos”.
  • A estratexia realmente xa non en Barbadás, senón a nivel nacional, nace da necesidade de que a poboación está envellecendo pero os seus últimos anos non ten a calidade de vida que desexaríamos, entón temos que traballar sobre esa cuestión, non vale que cheguemos os noventa anos de media si a partires dos setenta e cinco estamos con mala calidade de vida, o que queremos é que cheguemos os noventa, os cen ou os que sexan pero que cantos máis anos podamos estar con maior calidade de vida.
  • Este foi o punto de partida polo cal se propuxo esta estratexia a nivel nacional e polo cal vai aterrizando tamén nos concellos.
  • O concello de Barbadás, como plantexaba o alcalde, non é que esa cuestión de envellecemento sexa agora a súa prioridade pero si que a tendencia está cambiando.
  • Na mesa de traballo evidenciouse que en Barbadás a pirámide poboacional está mudando porque a nova evolución indica que hai un 18 por cento da poboación maior de 65 anos, unha franxa na que se concentra unha maior vulnerabilidade.
  • A mesa de traballo desenrolada esta mañá evidenciou que é necesario coordinar esforzos en materia de saúde, así como recuperar espazos públicos para a cidadanía.
  • Dende o ámbito do Urbanismo abordouse a necesidade de seguir traballando nunha ruta escolar segura, poñer en marcha o “aubobús peonil”, é dicir, un sistema mediante o que alumnado, pais, nais e voluntariado acudan dariamente aos centros escolares de xeito conxunto, favorecendo as relacións sociais.
  • Abordouse tamén a necesidade de organizar actividades encamiñadas a explicar o uso e as vantaxes dos elementos biosaudables que hai nas parroquias.
  • Esta mesa foi o punto de partida para elaborar un mapa de recursos que teñan un impacto positivo na saude e o benestar da veciñanza.
  • A reunión intersectorial de hoxe puxo puxo tamén sobre a mesa o amplo abano de recursos e actividades que xa existen a prol da saúde hoxendía en Barbadás: talleres de alimentación saudable, de risoterapia, espazos para a práctica deportiva, Paseo da Saúde, polideportivo, ximnasios, escolas deportivas, andainas, actividades para mellorar a saúde no ámbito rural, etc.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Sanidade

CONTENT.1713629830

SINGLE.1713629830