07/05/2022

Estrella Rajo e a súa librería “Espa” viron medrar á Valenzá ao redor e seguen alí

Emprendemento en Barbadás

Estrella Rajo, propietaria da librería Espa dende hai 41 anos, a primeira que se abriu na Valenzá. 06/05/2022
  • Estrella Rajo Castro dá a metade do nome a librería Espa,  situada no número 81  de A Valenzá. Abriu hai algo máis de 40 anos e ata a súa xubilación, foi ela quen  a atendeu mentres o seu marido Francisco “Paco” traballaba como docente.

 

  • Filla dun pai que traballaba para Renfe, pasou parte da súa infancia en Monforte de Lemos. Alí, con 14 anos comezou a traballar nunha zapatería. O seu pai comezou a ir e vir entre Monforte en Ourense e un amigo faloulle de que calzados Diéguez (tamén zapatería Batey) buscaba dependenta para a súa tenda na rúa Progreso.

 

  • Éramos dez dependentas e con ese traballo víñenme a vivir para Ourense, coa miña tía, uns anos antes de que os meus pais se viñesen tamén, cando comezaron a circular as máquinas de tren eléctricas”, lembra Estrella.

 

  • Casou con Francisco, un mestre fillo das Lamas (Barbadás) e marchou con el a Casardeita, no concello de Ramirás, onde daba clase. Tamén vivíu na rúa Marcelo Macías en Ourense e decidiu traballar de novo. “Sempre quixen traballar nalgo e probei a voltar por calzados Diéguez pero non puido ser, así que falamos de abrir unha librería”, segue.
Estrella Rajo, propietaria da librería Espa dende hai 41 anos, a primeira que se abriu na Valenzá. 06/05/2022
Estrella Rajo, propietaria da librería Espa dende hai 41 anos, a primeira que se abriu na Valenzá. 06/05/2022
  • Mudáronse á Valenzá, e na casa había un baixo libre que prepararon e abriron como librería . O nome acordárono xuntando parte dos seus nomes, como era habitual naqueles anos 70 e 80: foi e segue a ser a librería “Espa” (de Estrella e Paco).

 

  • “Alí vendíamos libros, e moitísimos cacharriños e cousas para regalos que no principio íamos buscar nós a Portugal cada sábado; víñamos mercar moita xente que nos coñecía de Ramirás, de Bentraces, de Ourense…”, detalla.

 

  • O seu marido, “Paco” facía a provisión de libros  para a librería no almacén de Stylo, na rúa Nova de Ourense. Estrella atendía o local durante todo o día e tiña instalada mesmo unha pequena cociña donde se xuntaban amigos para comer “ou tomar unha tónica”, lembra.  Naquela época, Estrella vivía no baixo da librería, alí planchaba, ganchillaba, bordaba… “todo o que se poidera facer para saír adiante”, comenta.

 

  • “Ao redor non había edificios, só algunhas vivendas familiares e unhas tres tendas: a da Julia (na casa que hoxe está na rotonda da Familia), a da Preciosa e o Campelo  (cerca do comezo na Valenzá) e a da Teresita,  na rúa do casco vello que vai cara a igrexa de San Bernabé e que tiña tamén carnicería.”

 

  • Estrella tivo a súa vida na librería durante 25 anos, ata que o seu marido se xubilou. “Os nosos fillos animáronme nese momento a que me xubilara tamén para que comezáramos a facer cousas xuntos que antes non podíamos, porque había que traballar para saír adiante”, a partires dese momento, Estrella non o pensou moito e co desenvolvemento urbanístico da zona puideron vender algunha propiedade e facer xuntos unha vida máis tranquila.

 

  • “Hoxe meus fillos viven nas Lamas, e traballan (enfermeira  e catedrático universitario da Universidade de Vigo en Ourense)” e ela segue a vivir no edificio na librería.

 

  • Hai 16 anos fíxose cargo do local un traballador da librería Stylo, agora xubilado, pero aínda segue a atender ao público a súa esposa.
    Estrella Rajo, propietaria da librería Espa dende hai 41 anos, a primeira que se abriu na Valenzá. 06/05/2022
    Estrella Rajo, propietaria da librería Espa dende hai 41 anos, a primeira que se abriu na Valenzá. 06/05/2022

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1730741382

SINGLE.1730741382