04/12/2020

#eugastoenBarbadás

Campaña de promoción do comercio local de Barbadás

#eugastoenbarbadas

Chega un Nadal moi, moi diferente… para todos e todas.

 

Que che parece se tentamos vivilo con tranquilidade, paciencia e solidariedade con todos os veciños e  visitantes?

  • Aí están os nosos e as nosas  artesáns, comerciantes, creativos/as, colectivos, agrupacións… que nos fan a vida máis confortable cos seus produtos… e que nestes días precisan de nós para seguir, igual que nós precisamos deles.

 

  • Usa e comparte o novo marco que está dispoñible na publicación de hoxe do facebook do concello, ata o 17 de xaneiro.

 

  • E se che gusta TRASTEAR máis e os retos, dámosche tamén o marco en transparencia: descárgao no teu aparello dixital e engádello ao teu perfil de Facebook.

#eugastoenBarbadás

Propoñemos estas etiquetas:

#eugastoenBarbadás                        #EUGASTOENBARBADÁS

Segue atento/a  ás nosas redes… haberá novas case todos os  días.

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1713510556

SINGLE.1713510556