07/06/2022

Evento comercial en Barbadás: Noite Moucha, 10 de xuño

Evento ambientado no afastado oeste

BARBADÁS ACOLLE O VENRES 10 DE XUÑO A “NOITE MOUCHA”, AMBIENTADA NO AFASTADO OESTE

Está previsto sortear un premio de 500 euros, que se fará público coincidindo co descanso da orquestra París de Noia, posto que o evento coincide coas festas da Valenzá

Haberá inchables gratuítos por compras nos establecementos organizadores

  • Hoxe ao mediodía presentouse na Valenzá o evento comercial “A Noite Moucha”, ambientada no afastado Oeste. Na presentación estiveron Marga Pérez, concelleira de Comercio, Alejandra Rodríguez, presidenta do Centro Comercial Aberto, Beatriz Mosquera, de Carussa Baby, Ángeles Romero, de Utile Mobles e Gloria Martín, de Gaia contigo.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, afirmou que “hoxe presentamos unha nova actividade de dinamización do comercio local de Barbadás, unha máis das que se están a desenvolver durante todo o ano. Nesta ocasión trátase da celebración da Noite Moucha, que xa tiña cabida en anteriores edicións anteriores á pandemia e agora volve a retomarse con máis forza porque é unha proposta moi atractiva que ten moito éxito entre o público.

 

  • Os comercios permanecerán abertos ata as 12 da noite e permitirá que a clientela se poida beneficiar de prezos especiais e optar a premios.

 

  • Dende a área de Comercio estamos colaborando sempre coas propostas que se nos presentan e estamos aquí para apoialos sempre en todas as actividades que queiran desenvolver porque dixemos en máis de unha ocasión os/as comerciantes son o motor do noso concello, unha parte viva, son postos de traballo. Apostamos para que se incrementen o número de comercios, de postos de traballo e para que actividade comercial sexa positiva para o comercio local.

 

  • Alejandra Rodríguez, presidenta da asociación de comerciantes da Valenzá, indicou que este evento está dirixido aos máis pequenos/as e á xente do barrio. Nesta ocasión está ambientado no afastado oeste, polo que as tendas e os/as comerciantes estarán caracterizadas con esta temática. Vai haber unha serie de premios en base ás compras realizadas. O premio ten un custo de 500 euros e vaise facer público á 1,30 da madrugada no descanso da orquestra París de Noia. Está formado por vales de 18 euros que se poderán trocar nos establecementos do comercio local.

 

  • Entre as actividades dirixidas a menos e nenas figuran unha xincana, a busca do tesouro, diploma ao/á mellor vaqueiro/a. Tamén está prevista unha actividade de globoflexia e pintacaras.

 

  • No evento participan 14 comercios de todos os ámbitos: mobles, téxtil, produtos naturais, etcétera: Elma, Mimi flores, Librería A Valenzá, Bell moda, Calzados Zocos, Moda Calviño, Utile Mobles, Twins Men, Twins, Gaia contigo, La Cigüeña e Más que un sueño.

 

  • Os/as máis cativos poderán desfrutar de inchables en 3 puntos diferentes da Valenzá, aos que poderán acceder gratuitamente mercando nos negocios colaboradores.

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Novas

CONTENT.1711694342

SINGLE.1711694342