13/09/2022

Eventos en Barbadás os días 16 e 17 de setembro: “Barbadás a bocados” e “Festival de Charangas”

Membros do concello e participantes nos eventos, presentaron esta mañá o programa.

EVENTOS NO CONCELLO DE BARBADÁS OS DÍAS 16 E 17 DE SETEMBRO: CONCURSO DE PINCHOS E FESTIVAL DE CHARANGAS

“Barbadás a bocados” estenderá a oferta gastronómica aos pobos da contorna.

Seis charangas amenizarán as rúas: Fuego, Europa, Charanga BBB, Bicoila, Sorcha e Os Caliqueimer.

 

  • A presentación dos eventos que terán lugar os días 16 e 17 de setembro en Barbadás tivo lugar nun lugar senlleiro de Barbadás, a árbore que está preto da glorieta da familia.

 

  • As persoas asistentes ao acto de presentación dos eventos, ademais do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Comercio, Marga Pérez, foron Sindo Villamarín, do Bar Regueiro (Piñor), Isabel Almeida e Gerardo Barje, representante do Festival de Charangas.

 

  • Marga Pérez, concelleira de Comercio, destacou que “estamos na avenida Celanova, un espazo onde se van a desenvolver principalmente todas as actividades que temos organizadas para este fin de semana, venres 16 e sábado 17.”

 

  • Por unha banda “temos o concurso de pinchos “Barbadás a Bocados”, este ano na súa quinta edición con formatos semellantes a anos anteriores, onde imos poder degustar as propostas gastronómicas que nos ofrecen os nosos hostaleiros e hostaleiras”, indicou a edil de Comercio.

 

  • Pérez destacou que por primeira vez neste concurso van a participar un hostaleiro do pobo de Piñor e unha hostaleira do pobo de Barbadás o que nos da gran satisfacción de que se vaian unindo a este concurso para que non estea centrado unicamente aquí na Valenzá”.

 

  • Anticipou que “teremos un xurado profesional e un xurado popular que serán os que escollan o primeiro e o segundo premio. Todas as persoas que participen na votación do xurado popular van a entrar a formar parte dun sorteo con distintos obsequios que van a doar este ano, tamén como algo novidoso, todos os hostaleiros e hostaleiras. Tamén aquí quero facer mención especial o Colmear de Daniel e a Cervexas Esmorga que participan e colaboran obsequiando as persoas que participan na votación”.

 

  • A degustación dos pinchos será dende as 19:00 da tarde tanto o venres como o sábado ata as 00:00 da noite.

 

  • Xunto con este evento terá lugar tamén o II Festival de Charangas, “que xurdiu o ano pasado por iniciativa duns mozos e mozas da Asociación Cultural Ritmos Musicais, que querían pór en valor este estilo de música. Foi todo un éxito co cal temos que darlle continuidade a este festival e este ano pasamos de catro agrupacións a seis”, informou Marga Pérez.

 

  • O venres estará dedicado as charangas acústicas e o sábado as charangas tradicionais. Son dous días de música pola rúa e xunto co evento gastronómico estas dúas actividades “pretenden dinamizar a zona do concello de Barbadás, que a xente veña o noso concello, que a xente do noso concello o pase ben e poidan desfrutar e os hostaleiros poidan ter un éxito importante”, comentou a edil de Comercio.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, sinalou que “sos dous eventos que van unidos e que ten unha finalidade precisamente, que se acoplen un ao outro, de xeito que haxa unha maior mobilidade, unha maior dinamización, unha maior ledicia para que precisamente os veciños e veciñas e as persoas que veñan a nosa contorna desfruten mais da realidade de Barbadás, da realidade da Valenzá tamén”.

 

  • Esta quinta edición do “Barbadás a bocados” ten a súa singularidade porque “están participando tamén restaurantes e cafeterías do rural o cal é unha alegría moi grande porque precisamente queremos que se incorporen e se coñeza toda esa realidade gastronómica do noso concello, a Barbadás, a Valenzá, a Piñor, a Sobrado, a Loiro xa veñen clientes que non pertencen o noso concello, iso fala moi ben precisamente da nosa restauración da nosa gastronomía e do noso nivel e actividade de ocio” destacou Valcárcel.

 

  • Os 2 eventos pretenden “dinamizar a actividade lúdica e incluso cultural porque a gastronomía e cultura. Unha aposta polo comercio local polo comercio de proximidade, pola restauración neste caso, que se suma a moitas mais actividades que se ten levado a cabo dende a Concellería de Comercio como pode ser a Noite Moucha, os Outlets e quero poñelas en valor porque precisamente é un momento complicado para este tipo de establecementos, para este tipo de negocios, para este tipo de economía o fin e o cabo, que aporta moitísimo o noso concello, moitísimo traballo e moitísimos ingresos, entón esa aposta ten que ser continuada como de feito se está facendo”, comentou o rexedor.

 

V Concurso de pinchos Barbadás  a Bocados

Concurso de pinchos Barbadás a bocados - Concello de Barbadás

  • Os días 16 e 17 de setembro de 2022, teremos en Barbadás, a V edición do Concurso de pinchos “Barbadás  a Bocados”.

 

  • O público poderá degustar e votar para outorgar o premio ao mellor pincho popular, participando así, en sorteos de agasallos aportados polos establecementos participantes e empresas colaboradoras.

 

  • Haberá tamén un xurado profesional que elixirá o mellor pincho seguindo o seu criterio.

 

  • Quen nos acompañe nestes días, terán a oportunidade de probar sorprendentes e saborosas propostas presentadas por estes 10 establecementos hostaleiros participantes:

 

  • BAR O REGUEIRO

Travesía de Piñor, nº 69 Piñor

Pincho TENTACIÓN:  Segredo de porco, champiñóns, tomate, chourizo, pemento, pan, salsa de verán, salsa barbacoa.

 

  • BAR PEPITO

Cima de Vila, nº 4 Barbadás

Pincho ANTES E DESPOIS “CALLOS”:  Patas de tenreira, garavanzos, cenoria, allo, pementón doce, xamón. Máis tarta caseira de 3 chocolates.

*apto para celíacos e intolerantes a lactosa.

 

  • A COVA DO SAVIO

Av. de Celanova, nº 20 A Valenzá

Pincho PAIXÓN:  Solombo de porco, salsa de queixo e améndoa, pataca, rúcula e almíbar de melocotón.

 

  • CACHO PIZZA

Av. de Celanova, nº 41 A Valenzá

Pincho PIZBURGUER FUSIÓN:  Para a pizza: auga, sal, fariña, levadura, tomate e mozzarella. Para a burguer: hamburguesa, xamón serrano renxente, crema de queixo manchego, tomate e cebola.

 

  • SPORT BAR DAYTONA

Av. de Celanova, nº 78 A Valenzá

Pincho PIRULETAS SALGADAS: follado, carne picada mixta, xamón serrano, queixo, bacon, champiñóns e ovos.

 

  • OREN EXPRESS CAFETERÍA

Av. de Celanova, nº 68 A Valenzá

Pincho BAOZI: Pan, langostinos, salsa, cebola e cilantro.

 

  • TAPERÍA ALECRÍN

Av. de Celanova, nº 52 A Valenzá

Pincho CAUSA DE ATÚN: Atún, aceite, lima, cebola, tomate, chícharos, perexil, ovo cocido, sal, pementa, patacas, olivas e aguacate.

 

  • CAFETERÍA OS PATOS

Parque dos Patos – A Valenzá

Pincho SON DE COCIDO DE PORCO SELECTA: Renxente de arroz con panceta con ssan jongg e vexetais de tempada.

 

  • BAR O RECUNCHO

Av. de Celanova, nº 68  – A Valenzá

Pincho O RECUNCHO: Orella, patacas e pan.

 

  • ALENTO DOCES E XEADOS

Av. de Celanova, nº 76 – A Valenzá

Pincho DELICIA DE FRAMBOESA: Follado, crema de framboesa, nata, profiterol recheo, framboesas frescas e marmelada.

Folleto Concurso pinchos Concello de Barbadás

Folleto V Concurso de Pinchos Concello de Barbadás

II Festival de Charangas

Festival de charangas en Barbadás

  • Festival de Charangas os días 16 e 17 de setembro a partir das 20:00.

 

  • O festival consiste en dous días, o primeiro día serían dúas charangas amplificadas tipo street band que serían  Fuego e Europa que darán un pase o lado da rotonda e o segundo día será mais pasarúas con catro charangas de tipo acústico entre as que se encontran: A Charanga BBB, Bicoila, Sorcha e Os Caliqueimer.

 

  • Xunto con este evento temos o II Festival de Charangas, un evento que xurde o ano pasado por iniciativa duns mozos e mozas da Asociación Cultural Ritmos Musicais que querían pór en valor este estilo de música. Foi todo un éxito,  co cal temos que darlle continuidade a este festival e este ano pasamos de catro agrupacións a seis.

 

  • Son dous días de música pola rúa e, xunto co evento gastronómico, estas dúas actividades pretenden dinamizar a zona do concello de Barbadás, que a xente veña ao noso concello, que a xente do noso concello o pase ben e poidan desfrutar,  e os/as hostaleiros/as, poidan ter un éxito importante.

Barbadás Quéreo Viveo, Comercio, Novas

CONTENT.1728533491

SINGLE.1728533491