03/03/2025

Éxito de participación na festa infantil e no concurso de disfraces do Entroido

Fiesta Infantil
  • Cerca dun centenar de rapaces desfilaron no Parque da Solaina
  • Rayo McQueen, Pippi Calzaslargas, Las Leopardas e Años 80 foron os gañadores do concurso

A festa infantil de disfraces do Entroido de Barbadás encheu o Parque da Solaina da Valenzá de cores, música e baile. Cerca dun centenar de rapaces de 0 a 12 anos participaron no concurso impulsado dende a Concellería de Educación, no que os nenos e nenas desfilaron ante un animado público. Pola plataforma camiñaron vaqueiros, dinosauros, personaxes de Marbel, raíñas, animadoras, ninjas, flamencos e mesmo un tomate cherri e un pediatra.

O xurado do concurso foi escollido de xeito aleatorio entre o público. Así, Carlos, Lucía, Fátima, Víctor, Lucía, Belén, Raquel, Jenny e Geraldine foron os encargados de seleccionar aos gañadores. Trala merenda saudable, cortesía da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega), DJ Tibu deu a coñecer os nomes dos vencedores. A tenente de alcalde, Victoria Morenza, e as concelleiras Marga Pérez e Ana Peleteiro entregaron os regalos aos gañadores, que subiron ao escenario entre aplausos, música e confeti. 

O resultado do concurso foi o seguinte: 

  • Categoría de 0 a 4 anos: 
  1. Rayo McQueen
  2. Niño de la ducha
  3. Tomate Cherri
  • Categoría de 5 a 8 anos:
  1. Pippi Calzaslargas
  2. Princesa Peach
  3. Baby Yoda
  • Categoría de 9 a 12 anos:
  1. Las Leopardas e Años 80
  2. Vaquera
  3. Guacamayos 

O evento contou coa presencia de Protección Civil Barbadás, que se encargou de velar pola seguridade de pequenos e maiores.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1747209109

SINGLE.1747209109