13/12/2022
Exposición “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán” de Ana Peaguda
Arte contra a violencia de xénero
Con motivo da programación ao redor do 25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o día 16 de decembro ás 20:00h na Casa da Cultura Manuel María, terá lugar a inauguración da exposición de pintura da artista Ana Peaguda co título “acrílico sobre 50 sombras de Grey e lorazepán”
A exposición leva unha ruta itinerante por distintos CIM (Centros de Información á Muller) de Galicia co obxectivo de visibilizar e reaccionar fronte á violencia de xénero e en Barbadás poderá visitarse ata o día 3 de xaneiro de 2023
O acto de inauguración contará coa actuación da EMMB (Escola Municipal de Música de Barbadás)
Esta actividade é promovida polo CIM da Mancomunidade Terras de Celanova en colaboración coa Asociaicón de veciños Vilanova dos Infantes
CIM-Centro de Información á Muller, Cultura, Eventos, Igualdade