06/07/2020

Fantoches Bag no Programa de Verán

O Xoves 9 de Xullo, ás 21h., no Parque dos Patos unha nova actuación do Programa de Verán do Concello, estará con nós o Grupo FANTOCHES BAG que nos presenta o espectáculo “Os romeiros do caracol”.

Sinopse:

Un espectáculo infantil sobre Antón Fraguas…
Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de títeres co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en San Andrés.

O espectáculo está baseado na obra Romarías e Santuarios de Galicia de Antón Fraguas. A escenografía do espectáculo é un enorme caracol vivenda no que se contan e cantan cancións e as lendas de San Andrés. Monicreques, cartel de cego, máscaras, reque-reque e un limberjack son algúns dos recursos do teatro popular que utilizaremos neste espectáculo con música en directo interpretada polo acordeón diatónico de Carlos Quintá.

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1711673116

SINGLE.1711673116