15/10/2019
Festival Infantil
O sábado 19 de outubro ás 18:30h celebramos no Auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás o VII FESTIVAL INFANTIL.
Participan:
Coraliña Cantora de Trives:
Coro de 24 nenos e nenas que tivo a súa orixe a principios do ano 2009 no CEIP Manuel Bermúdez Couso e apadrinados polo Orfeón Trivés. Realizou numerosas actuacións por toda Galicia (Cedeira, Manzaneda, Vilamartín de Valdeorras, Ourense, Lalín, Baio) de diferente temática (panxoliñas, concertos benéficos, festivais de FECOGA, Unicef). O coro interpreta composicións a dúas e tres voces, en varios idiomas e culturas de todo o mundo. A dirección do coro é realizada por Sandra González Vega, profesora de piano e linguaxe musical na Escola de Música do Concelo e directora do Orfeón Trivés e a parte musical do coro é realizada por Manuel Vila Simón.
Coro da Escola de Música de Barbadás:
Coro de 18 nenos e nenas que tivo a súa orixe no ano 2012 como actividade artística dentro da Escola de Música. Realizou diversas actuacións para o Concello de Barbadás (panxoliñas, Festival Infantil de Auria Canta, Festival Acá e Acolá, Día das Letras Galegas, Fin de curso) , en Ourense (Certame de panxoliñas, inauguración do Belén de Baltar, espectáculos musicais no Teatro Principal e no Auditorio, no Ourencanto con Josu Elberdin), e Galicia (Lalín, Barro, Bentraces, Loiro, Moreiras, Barbadás) e participou na grabación do libro musicado ” En Cabárceno se sigue cantando” de Susa Herrera. O repertorio do coro abrangue diferentes estilos musicais en diferentes idiomas e acompañadas con algunas coreografías. A dirección é realizada por Ruth González Gómez, profesora de frauta traveseira e linguaxe musical na Escola de Música de Barbadás, na Escola de Música de Sober, e na Academia Kontrapunto, e tamén directora da Coral Auria Canta e o Coro Berea (Sober). O acompañamento de piano é realizado por Marta Blanco Pascual, profesora de piano da Escola de Música.
Nova Fronteira & Cartelle:
Innovadora banda de gaitas e percusión nacida no 1998 que realiza actuacións como banda de gaitas ou interpretando espectáculos con máis de 50 artistas e onde participan cunha gran variedade de instrumentos como violíns, baixos, metais, acordeón, batería…contribuindo a facer uns concertos cun toque persoal e característico. A súa indumentaria está baseada en traxes da corte do Reino de Galicia do século XIV combinado con elementos modernos. Compiten na Liga Galega de Bandas de Gaitas, sendo moi laureada polo público pola súa montaxe e repertorio propio e innovador, quedando nos primeiros postos da máxima categoría (dous títulos de liga no 1999 e no 2010). Teñen dous discos editados onde foron pioneiros na fusión de gaitas con instrumentos clásicos ou artistas como María do Ceo. Percorreu Galicia, España e Europa coas súas xiras (Portugal, República Checa, Hungría, Rumanía, Francia, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Luxemburgo, Suiza, Italia, Bélxica e Corea do Sur). Está dirixida por Pablo Martínez e acompañado por Beatriz Fernández como mestra de percusión.
Entrada libre ata completar aforo.
Organiza: Coral Auria Canta co Patrocinio do Concello de Barbadás