17/10/2021

Formación do Servizo de Emerxencias de Barbadás en Carrefour

Os días 14 e 15 de outubro nas instalacins de Carrefour

O CONCELLO DE BARBADÁS, A TRAVÉS DO SERVIZO DE EMERXENCIAS DE PROTECCIÓN CIVIL, COLABORA CO CENTRO COMERCIAL CARREFOUR NA FORMACIÓN INTERNA DOS SEUS TRABALLADORES/AS

– A actividade formativa celebrouse nas instalacións de Carrefour os días 14 e 15 de outubro e tivo coma obxectivo que os/as traballadores/as adquiriran a pericia necesaria para actuar en condicións de seguridade ante un incendio nas instalacións, antes da chegada dos medios externos.

– Daniel Rey, responsable do Servizo de Emerxencias de Barbadás, explica que “a formación tivo parte teórica na aula do propio centro e unha parte práctica realizada no patio de carga e descarga do centro comercial.

– A aprendizaxe no manexo de extintores manuais e das mangueiras das bocas de incendio equipadas (B.I.E.) foron as prioridades da acción formativa.

– As/os alumnas e alumnos son integrantes do corpo directivo e responsables de diferentes seccións, que teñen a responsabilidade de actuar ante unha emerxencia no centro segundo o seu propio plan de autoprotección.

– Participaron un total aproximado de 30 traballadores/as, repartidos en dúas quendas.

– O Servizo Municipal de Emerxencias de Barbadás aportou o persoal docente e os simuladores de prácticas, mentres que o centro comercial aportou o material gráfico e o material de extinción, como son os extintores manuais.

 

Novas, Seguridade cidadá

CONTENT.1733591368

SINGLE.1733591368