27/10/2023

Formación en novas tecnoloxías para persoas maiores

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación organiza en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios un programa de aprendizaxe en novas tecnoloxías para persoas maiores.

Expertclick, ofrece formación en novas tecnoloxías a maiores de 55 anos.

Nestes cursos , as persoas participantes aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet , facer xestións de banca online, pedir unha cita médica, comprar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na rede.

Este programa axúdalles a aumentar a súa independencia e autonomía persoal.

Datas: 21 e 22 de novembro de 2023

Horario: De 16:00 a 18:00 h

Lugar: Instalacións municipais  da Solaina

Inscricións  chamando por teléfono ao 988 360 413 ou enviando un correo electrónico a cet@barbadas.es

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1716835853

SINGLE.1716835853