21/09/2021
Formación sobre trámites dixitais con entidades públicas
O próximo xoves, 23 de setembro, está prevista unha nova cita de 11 a 13 h.
O CONCELLO DE BARBADÁS ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE TRÁMITES DIXITAIS CON ENTIDADES PÚBLICAS
Promovida polo Centro Empresarial Transfronteirizo e enmarcada no programa de formación á cidadanía sobre Administración Electrónica
- O Concello de Barbadás segue a formar á cidadanía no ámbito das novas tecnoloxías.
- O día 23 de setembro está programada unha xornada formativa sobre “Métodos de identificación electrónica e trámites dixitais con entidades públicas”.
- Esta actividade, promovida polo Centro Empresarial Transfronteirizo, vense celebrando todos os xoves, de 11 a 13 h., dende o mes de xuño.
- Na sesión formativa celebrada a semana pasada sobre a Administración Electrónica, as persoas participantes aprenderon a utilizar os diferentes sistemas de identificación (Chave365, Clave, DNI-e…) e practicaron xestións cotiás coa Xunta, o concello, o Catastro, etc.
- Incluso houbo quen instalou o Certificado Dixital na súa propia computadora.️
O próximo xoves, 23 de setembro, está prevista unha nova cita de 11 a 13 h.
- Para inscribirse, pode facelo no teléfono 988360413 ou no e-mail cet@barbadas.es.