13/09/2021

Formación sobre “Trámites en liña coas Administración Electrónicas”

O xoves, 16 de setembro, de 11:00 a 13:00 h. na Casa da Mocidade de A Valenzá

2021-Banner Trámites en Liña
  • O Centro Empresarial Transfronteirizo, organiza a Sesión formativa “Trámites coas Administracións Públicas que se poden realizar en liña “, incluído no programa de Formación á Cidadanía para Trámites En Liña e Administración Electrónica do Concello de Barbadás.

 

  • Consistirá nunha sesión para aprender a realizar trámites con administracións públicas (Xunta de Galicia, Concellos…), de xeito telemático, dende unha computadora ou dispositivo móbil:
    • Descargar certificado de vacinación,
    • Solicitar unha subvención,
    • Enviar unha instancia ao concello,
    • Inscricións en cursos, obradoiros, de xeito telemático…

 

  • Poderán acudir todas as persoas que estean interesadas independentemente da súa formación ou idade. As prazas son limitadas.

 

  •  É preciso inscribirse previamente, no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás,
    • chamando ao 988360413, en horario de 9:00 a 14:00 h.
    • ou, enviando un mail a cet@barbadas.es

 

 

Cursos, Educación/Formación, Promoción económica

CONTENT.1713921514

SINGLE.1713921514