25/08/2025
GIN TONI´S en concerto
Xoves, 28 de agosto, ás 21h. no Parque dos Patos | A Valenzá

O Programa Cultural de Verán de Barbadás, chega ao seu fin, e nada mellor para pechar estes eventos, que a actuación do grupo GIN TONI´S, que estarán con nós este xoves 28 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos en A Valenzá.
Gin Toni’s é unha Banda divertida, apaixoada e elegante que cada noite consegue unha increíble conexión co público dos seus concertos.
Faránnos viaxar unha vez máis polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Ultimo de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total, Rosendo, La Frontera, Coque Malla, Jarabe de Palo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves, Tequila …)
Cun directo fresco, un repertorio cheo de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarannos ás Décadas Douradas da música Española e porán unha cor diferente facendo o mellor Tributo ao Pop Rock de noso país.
Día: Xoves 28 de Agosto
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos | A Valenzá
Evento: Música
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás
