06/11/2020
Gratuidade para a segunda crianza na Escola Infantil Municipal
O CONCELLO DE BARBADÁS IMPLANTA A GRATUIDADE PARA A SEGUNDA CRIANZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
- O Concello de Barbadás implanta neste novo curso 2020-2021 a gratuidade para o/a segundo/a fillo ou filla e sucesivos na Escola Infantil Municipal de Barbadás.
- As familias, neste caso 34 serán as benficiarias e non pagaran ningúnha cuota mensual e ademáis non é preciso que se faga ningún trámite ou solicitude.
- Estas familias xa foron informadas dende a dirección da Escola Infantil de esta nova situación.
- A concelleira de Educación, Marga Pérez, destaca que “esta gratuidade supón unha gran axuda nestes momentos de crise económica e sanitaria”.
- O Concello de Barbadás desde o mes de setembro adopta a medida de gratuidade de atención educativa na súa escola infantil de 0-3 anos para segundos/as e sucesivos/as fillos, é dicir, todas as familias cuxo segundo fillo ou filla e sucesivos da unidade familiar estea matriculado na escola infantil de Barbadás beneficiaranse desta medida, sempre que o primeiro fillo non supere os 18 anos de idade. No Concello de Barbadás son 34 familias as beneficiadas desta medida.
- O financiamento desta medida realízase a través do cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais previa solicitude do Concello, a través da adhesión a un programa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar