20/05/2021

Guillermo e Mar reabriron o pazo de Bentraces para casar e celebrar

Emprendemento en Barbadás

Pazo de Bentraces. Barbadás 10
  • Ángeles, unha enfermeira  moi interesada na restauración, e o seu marido Guillermo, aparellador percorreron Galicia durante anos. A finais dos 80 descubriron en Bentraces un pazo en ruínas e ficaron namorados del… e así comeza a historia recente do pazo de Bentraces.

 

  • Os seus fillos, Guillermo e Mar Vázquez Peñamaría lembran que seus pais atopáronse cunha construción que tiña varios propietarios e os caseiros Genebrando e Flora “vivían en donde estaba la cocina”. Decidiron quedarse.

 

  • Guillermo explica que aquela propiedade con edificio histórico e espazo de 2 hectáreas limitada por un muro medieval, “se les hizo muy grande y pidieron fondos europeos destinados a recuperar y conservar edificios de este tipo para turismo rural. A mediados de los años 90 consiguieron tener un pazo-hospedería de fines de semana con 1 o 2 trabajadores, y vivienda para todo el año”.

 

  • Os irmáns Guillermo e Mar Vázquez Peñamaría lembran vivir como una “pesadilla para adolescentes” o traslado dende Madrid a esta vivienda, na que os seus pais puxeron en práctica a súa afección polo paisaxismo e a restauración. “No eran profesionales de la jardinería pero su amor por la tierra, su apuesta por este lugar y por la recuperarlo hicieron posible que ahora contemos con este espacio frondoso y especial”.

 

  • A chegada das novas tecnoloxías, segundo Guillermo, rebordou as posibilidades dos seus pais de manter a hospedería, na que non había cafetería nin restaurante, así que “la actividad fue decayendo hasta cerrar al público” a comezos do novo milenio.

 

  • Guillermo estudou Dereito e volveu a Bentraces para buscar traballo e atendelo xardín, sen chegar a estar nunca colexiado como avogado. “Cuando descubrí todo lo que había alrededor del pazo me pareció un entorno verde único y decidí darle un nuevo brío económico, dirigiéndolo a la celebración de bodas, porque me pareció que había muchas personas cuyo perfil hace viable un mercado de eventos en el que podemos situarnos”.

 

Xardín pacego colorido todo o ano

  • Comezou con actividade de hotel pequeno – media ducia de cuartos- para capitalizar o seu proxecto e facer reformas, ós poucos. Levan 4 anos abrindo o espazo pacego para vodas e outros eventos.

 

  • Antes da familia de Guillermo viviron alí un Bufo Real e unha ducia de familias que foron propietarias do pazo dende a súa construción hai 600 anos. Todas elas deixaron blasóns nas diferentes fachadas en diferentes épocas, dende a construción no século XV até as reformas do século XVIII e máis recentes.

 

  • Arredor da edificación, a nai de Guillermo e Mar foi creando un xardín exuberante e único,  e actualizou a decoración interior do hotel mantendo elementos tradicionais e engadindo outros máis mediterráneos, franceses…

 

  • Os que escollen o pazo de Bentraces para o encontro familiar, ou empresarial, gozan dun xardín de 2 hectáreas que rodea unha construción datada nos séculos XV, XVII e XVIII, e dividido en diferentes espazos por sebes de buxo.

 

  • Dende marzo e abril as cores primaverais no pazo son os morados da Glicinia  centenaria da entrada do pazo e os lirios, co seu arrecendo no espazo que ocupan. Tamén aparece a exuberante Gunnera que ocupa o pé das escaleiras de acceso ós cuartos.

 

  • En xuño as hortensias brancas, azuis ou rosadas, segundo  o ano, fan burbullas de cores en cada recuncho. En xullo e agosto as flores pequenas do romeu, lavanda, enredadeiras, seguido, en setembro, do escurecemento das hortensias…e en poucos meses, volta de novo.

 

  • No inverno as cores visibles son das camelias, magnolios, laranxeiras e cerdeiras. E Durante todo o ano, cambian de cor as follas dos carballos, e os abrollos de toda a vexetación.

 

  • Capela, pérgolas con columnas de pedra e un novo pavillón acristalado e rodeado de bosque galego, son algúns dos elementos que se poden gozar dentro dos muros pacegos de Bentraces.
Pazo de Bentraces. Barbadás 10
Pazo de Bentraces. Barbadás – Foto: Rosa Veiga

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1685466367

SINGLE.1685466367