27/07/2018
H2Olga
E no verán?... Refréscate coa cultura

Amontonados por azar presenta un espectáculo no que se combina a actuación coas acrobacias máis asombrosas e que divertirá aos máis peques e aos que non o son tanto.
Tres personaxes que buscan a solución aos seus defectos nunha botica abandonada no medio da rúa. Mesturando diferentes substancias xerarán situacións disparatadas e cheas de destreza circense, que lles farán darse conta, que ás veces, o que un pensa que son defectos en realidade poden ser virtudes.
Lugar: Parque da Solaina
Data: Xoves, 2 de agosto
Hora: 21.00 h
Entrada: Libre