23/01/2023

Había unha vez un lugar chamado Soutullo… e Manuel Rial vivía alí

Historia de Barbadás

Manuel Rial Díaz, único veciño que tivo Soutullo cando ese lugar era do concello de Barbadás, nos anos 2000. 15/01/23. Foto Rosa Veiga

Nunha consulta no catastro está rexistrada como Soutullo unha enorme franxa de terreo que comeza por baixo de San Lourenzo de Piñor e remata no río Miño, todo el de Barbadás.

Concello de Barbadás - Manuel Rial Díaz, único veciño que tivo Soutullo cando ese lugar era do concello de Barbadás, conserva a placa da súa casa, agora na que ten en Soutopenedo. 15/01/23. Foto Rosa Veiga
Manuel Rial Díaz, único veciño que tivo Soutullo cando ese lugar era do concello de Barbadás, conserva a placa da súa casa, agora na que ten en Soutopenedo. 15/01/23. Foto Rosa Veiga
  • No ano 2015 rematouse a construción da nova depuradora na parte máis baixa dese monte, catalogada como “Soutullo labradío”, e o terreo ocupado xa era do concello de Ourense (xa recollido así na cartografía no Instituto Xeográfico Nacional tras formalizarse o intercambio de terreos entre os dous concellos raianos).

 

  • Os propietarios das terras de Soutullo partillábanse no século XX entre familias de Reza (Ourense), Santa Uxía e Piñor (Barbadás) e de algún outro lugar, pero ningunha delas viviu nunca alí.

 

  • Ningunha… agás  a de Manuel Rial Díaz, que construíu casa e despois tamén restaurante de éxito nunha parte do terreo que hoxe ocupa a depuradora, a poucos metros da fonte “da picha de neveira”, segundo nos contou.
 Casa de Manuel Rial en Soutullo en anos 2000, daquela Barbadás. Hoxe substituida por nova depuradora do concello de Ourense. 16/01/23 Foto Rosa Veiga
Manuel Rial Díaz, único veciño que tivo Soutullo cando ese lugar era do concello de Barbadás, na fonte da “picha da naveira”, perto da súa casa, que arranxou cando vivía alí. 15/01/23. Foto Rosa Veiga

Sen vivendas pero con moita vida

  • “Até que se cambiou o marco entre os concellos pola depuradora, o regato que chega até o Miño polo fondo de Soutullo era o que separaba Ourense de Barbadás, e na miña familia, os propietarios de leiras no labradío eran a miña tía Paca e os tíos Ernesto, Jacinto, Paulino e meu pai Antonio”, relata Manuel.

 

  • As familias que tiñan propiedades alí, aproveitaban todo o que daba o monte. Manuel lembra o que lle contaron deses traballos, cando era aínda un neno de colo.
    Meu pai era carreteiro con bois así que pasaba moitos días alí; nun dos días o carro envorcou pola pendente, cando baixaban cara o regato, e o meu pai berroulle a Secundino, que ía con el, para que lle botara a forquita e evitara que dera a volta, pero Secundino levábame a min en brazos e o carro chegou ao fondo despois de ciscar toda a carga”, detalla.

 

  • Tamén lembra os inicios da “machacadora de croios” (onde hoxe está unha empresa de formigón,, noutra leira de Soutullo: “a metade de Ourense construíuse co material que saíu da machacadora”, lembra.

 

  • No “Soutullo monte” (ladeira encostada dende Piñor até o labradío) tiñan leiras a tía Paca e Pegerto. Na zona de labradío, Manuel mercou dúas para “ir facendo”.
    “Eu estaba fóra de España e no 1970 merquei e fun facendo traballos como levantar o nivel da finca, para que non quedase asolagada cada vez que subía o río Miño e terminei por facer unha casiña de fin de semana, cando xa tiña vivenda no barrio de Vistafermosa de Ourense”, lembra.

Manuel Rial Díaz, único veciño que tivo Soutullo cando ese lugar era do concello de Barbadás, nos anos 2000. 15/01/23. Foto Rosa Veiga

Casa de Manuel Rial en Soutullo en anos 2000, daquela Barbadás. Hoxe sustituida por nova depuradora do concello de Ourense. 16/01/23 Foto Rosa Veiga
Casa de Manuel Rial en Soutullo en anos 2000, daquela Barbadás. Hoxe substituida por nova depuradora do concello de Ourense. 16/01/23 Foto Rosa Veiga

Primeiro casa-xardín, despois restaurante

  • Aquela “casiña” de fin de semana ardeu e dous anos despois Manuel, por circunstancias familiares, decidiu construir unha casa  e marchou a vivir nela a finais da década dos 80.

 

  • El, traballara na empresa de cosmética e salón de peiteado,  Henry-Colomer,  e no ano 2005 probou a instalarse no sector pola súa conta. “Tiña eventos, cursos e presentacións de novos productos en hoteis da cidade de Ourense así que pensei que sería boa idea facer a carón da casa, un local tipo bar-merendeiro para xuntar alí a tódalas persoas que facían os cursos”, engade Manuel.

 

  • Aquel pequeno bar tiña a peculiaridade de que estaba rodeado dun xardín con parras e plantas variadas, pequenos camiños e detalles “que gustaban moito” e tivo tanto tirón que dende que abriu “e durante 7 anos enchíase de xente para comer, merendar, pasar un rato, e ao terceiro ano xa desbotamos a idea de organizar alí nada relacionado co salón de peiteado porque non era posible”.

 

  • Chegou a ter 9 persoas traballando no restaurante que tiña comensais continuamente porque o acceso era fácil, había aparcamento, e comezaban a utilizarse os camiños que percorren as días beiras do río Miño “para as que nos tamén cedemos parte da leira, porque era moi interesante que puidese chegar clientela por alí”, detalla Manel.

 

  • O restaurante Rial pechaba cada mes de xaneiro por descanso, e á volta comezaba o traballo de posta a punto para abrir de novo cada Semana Santa.
Restaurante Rial, Manuel Rial en Soutullo (Barbadás) en anos 2000 Hoxe sustituida por nova depuradora do concello de Ourense. 16/01/23 Fotos arquivo da familia

Soutullo quedou sen vivenda nin veciño

  • Manuel relata a “gran desilusión” que supuso para a familia a chegada no 2013 “dos homes de garabata” que avisaron da expropiación para a depuradora nova. El non quería vender porque xa pensara naquel  local como o futuro para os seus fillos así que foi ao xulgado. Cobrou pero quedou “sen nada alí”.

 

  • Nin el nin a súa familia teñen xa propiedades pero Soutullo segue alí.

 

  • Agora Manuel vive en Soutopenedo (concello de San Cibrao das Viñas) e conserva a placa co enderezo do seu restaurante e o nome do lugar, Soutullo.

 

  • Nas fotografías pódense ver espazos do restaurante e da casa que construiu “con tódolos permisos do concello de Barbadás, a pesares de que se dixo que estaba pendente de derribo, e non era certo”, matiza. Nela utilizou trabes feitas coa madeira dos castiñeiros de Soutullo, os do “monte do martelo”, ben preto da que foi a súa leira.
    Tamén se ve o lugar onde estaban a casa e o restaurante, onde hoxe está a parte central da instalación depuradora.
 Manuel Rial en Soutullo en anos 2000, daquela Barbadás. Hoxe substituida por nova depuradora do concello de Ourense. 16/01/23 Foto Rosa Veiga
Manuel Rial Díaz, único veciño que tivo Soutullo cando ese lugar era do concello de Barbadás, nos anos 2000. 15/01/23. Foto Rosa Veiga

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1713311709

SINGLE.1713311709