13/03/2022

Héctor vende en “Ecomola” produtos biodegradables para limpeza e recarga e re-utiliza envases

Emprendemento en Barbadás

Héctor Ortega Fidalgo, de Ecomola, na Valenzá. Foto Rosa Veiga
  • A Valenzá ten dende xullo de 2021 a primeira tenda de produtos de limpeza biodegradables, na que Héctor Ortega Fidalgo re-utiliza e recarga envases para reducir máis o impacto ambiental destes produtos envasados en botellas de plástico.

 

  • Chámase Ecomola e  espera poder celebralo seu primeiro aniversario, xa que non puido ter inauguración.

 

  • Héctor e a súa familia viven na Valenzá dende hai 5 anos, e chegaron a Barbadás seguindo a estela dun amigo de colexio en Venezuela que se instalou na aldea de Pontón.

 

  • “Llevábamos un tiempo deseando irnos de Venezuela, sobre todo desde que a mí me atracaron y robaron el coche, pero no sabíamos a donde ir, y ya nos decidimos cuando un familiar sufrió un tiroteo en Caracas y vivíamos tanta inseguridad que solo nos sentíamos a salvo en la Hermandad Gallega de la capital”, lembra.

 

  • A súa nai é de Albarellos (Monterrei), pero toda a familia estaba en Venezuela, así que a decisión foi complicada. “Un amigo que vino para Pontón hablaba con nosotros cada día para animarnos a hacer lo mismo y finalmente vendimos lo que pudimos y nos vinimos en 2017”, agrega Héctor.

 

  • Viñeron para a Valenzá e tiveron algunha oportunidade de traballo que non callou. “Ni mi esposa ni yo somos de estar en casa ni de vivir de ayudas así que, animados por una pareja de amigos que vive en A Coruña, contactamos con los proveedores de produtos ecológicos de limpieza 4Eco, de Girona que tienen más de cien tiendas en franquicia en toda España”, segue.
Héctor Ortega Fidalgo, de Ecomola, na Valenzá. Foto Rosa Veiga
Héctor Ortega Fidalgo, de Ecomola, na Valenzá. Foto Rosa Veiga

“O eco mola” e saíu Ecomola

  • Os amigos instalados na Coruña teñen a tenda “Ecoterra” e Héctor e Mayra abriron en xullo de 2021 “Ecomola”, con produtos de limpeza biodegradables nunha altísima porcentaxe e con calidade comprobada na súa casa, antes de decidirse.

 

  • Unha parte dos produtos están envasados na súa versión básica e “superconcentrados”, de xeito que se pode escoller e engadir o aroma no momento de mercalos. “Tenemos todo tipo de clientes, los que prefieren detergente y suavizante con aroma, los que no quieren aroma en ninguno de ellos y los que sí lo quieren en suavizante”, detalla Héctor.

 

  • A proposta de produtos “eco” da tenda inclúe dende xel para ducha, ata lava-vaixelas, pasando por frega-chans, limpa-fogar, quita-grasa, ambientadores, limpadores tamén de superficies de madeira… e xa ampliaron a oferta inicial para ter produtos de cosmética natural como xabóns, esponxas con glicerina, xampús…

 

Proxecto de entrega a domicilio

  • Tamén contan con esponxas naturais dunha empresa de Pontevedra para diversos usos e  fregadores, e para celebrar o primeiro aniversario da tenda esperan ter listo un sistema de entrega a domicilio, que estudan en colaboración ca asociación Centro Comercial Aberto A Valenzá… mentres seguen pensando en ampliala oferta dos seus produtos, entre os que xa teñen unha curiosa lima de uñas de cristal.
  • Héctor Ortega Fidalgo, de Ecomola, na Valenzá. Foto Rosa Veiga
    Héctor Ortega Fidalgo, de Ecomola, na Valenzá. Foto Rosa Veiga

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1730546156

SINGLE.1730546156