20/04/2018
“I LEMBRANZA DA FEIRA DO 21” EN BENTRACES

UN OBRADOIRO DE PAN, PASO PREVIO PARA A RECREACIÓN DA ANTIGA FEIRA DO DÍA 21 DE BENTRACES
Gastronomía, arte, tradición e música confluirán na “I Lembranza da Feira do 21”
A cita coa tradición será mañá sábado na Praza do Pumar
- A asociación de veciños de Bentraces organizou para mañá sábado unha actividade que pretende rememorar a antiga feira do día 21, que se celebraba neste pobo do municipio de Barbadás.
- Tras medio século sen celebrarse, mañá sábado día 21 en Bentraces haberá feira.
- Trátase dunha replica adaptada aos novos tempos da antiga feira da contorna.
- A Asociación vecinal San Bieito de Bentraces organiza a “I Lembranza da Feira do 21” na Praza do Pumar o sábado 21 de abril a partir das 11,30 da mañá.
- Previamente, o venres día 21, desenrolarase un obradoiro de pan no Forno do Florente (Antón) ás 18,00 horas.
- O pan forneado neste forno restaurado situado na rúa de Abaixo, en Bentraces, será degustado na réplica da “Feira do 21”.
- Na feira haberá unha exposición de obxectos antigos recopilados entre a veciñanza de Bentraces: artiluxios para trasfegar o viño, máquinas de coser, elementos de labranza, etc, explica Begoña Fernández Rodríguez, presidenta da asociación de veciños.
- Serán expostas tamén tallas de madeira, pezas de pintura artística e elementos de manualidades.
- Poderá contemplarse en vivo a virtualidade de dous artistas: Conchi Carbajo, que pintará en directo, e Julio Castro Vaamonde, que facerá unha demostración na elaboración de tallas de madeira.
- A lembranza da feira terá tamén o componente gastronómico: haberá degustación de callos (socios- 1 €; non socios- 2€), de boliños e de tortilla, mesturados co pan forneado no obradoiro do venres no Forno do Antón.
- A “I Lembranza da Feira do 21” conta coa colaboración do Concello de Barbadás a través da Concellería de Participación Veciñal.
- Esta cita feiral hai máis de 50 anos que non se celebra. Antigamente dábanse cita vendedores/as de gando e de produtos de horta, habendo incluso no pobo de Bentraces refráns que falan desta feira.
- José Luis Alfageme, membro da directiva da asociación, explica que a finalidade desta feira é “recobrar actividades que se organizaban hai anos, para recuperar as tradicións populares”.
- No apartado musical actuarán o grupo “Velaí vai”, cuxos membros son do pobo de Bentraces e inclúen no seu repertorio pezas tradicionais e cantigas populares.