14/01/2020

“Igual a nós”: potenciar as novas tecnoloxías entre as mulleres de maior idade

O CONCELLO DE BARBADÁS, A TRAVÉS DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER, ORGANIZA UNHA ACTIVIDADE DE DINAMIZACIÓN EN IGUALDADE

“Igual a nós” é un espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal

A xornada será o 4 de febreiro ás 18,00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina

Esta actividade está dirixida ás mulleres adultas, especialmente ás de maior idade para potenciar o uso das novas tecnoloxías

  • “Igual a nós” é unha actividade de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero dirixida a mulleres adultas, especialmente ás de maior idade.

  • “Promover e sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero é un dos obxectivo desta xornada, que se celebrará o 4 de febreiro ás 18,00 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina” explica a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal.

  • A iniciativa, organizada polo Centro de Informnación á Muller de Barbadás, ten tamén como finalidade mellorar a calidade de vida das mulleres e potenciar o uso das novas tecnoloxías como ferrramenta de comunicación e formación.

  • “Igual a nós” pretende ademais sensibilizar e concienciar ás persoas para a ruptura de estereotipos de xénero existentes.

  • Nistal indica que “outra das finalidades é o fomento da participación social e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal”.

  • A actividade está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Acordo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias para a conformación dunha rede de entuidades locais contra a violencia de xénero, da que o Concello de Barbadás forma parte.

  • Para anotarse nesta actividade, que ten un total de 30 prazas, as interesadas poden descargar o impreso de inscrición na páxina web e para máis información pode chamar vostede ao teléfono 988222251. Tamén pode entregar o impreso de inscrición nas Oficinas Municipais da Valenzá, no Concello de Barbadás e no Centro de Información á Muller (Praza de San Antón, Barbadás, antigo campo da festa).

Ficha_de_inscrición_-_Actividade_Igual_a_nós_

Igualdade, Novas

CONTENT.1726132176

SINGLE.1726132176