02/10/2019

II Romaría Feminista de Barbadás: presentación

LELÍA, BANDA DA LOBA E BAMBINA ACTUARÁN NA SEGUNDA EDICIÓN DA ROMARÍA FEMINISTA QUE SE CCELEBRARÁ O 5 DE OUTUBRO

Mesas de debate, postos na rúa, espazo infantil, food trucks e espazos para xantar/cear compoñen o programa da festa do feminismo en Barbadás

O día 4 de outubro ábrese a Romaría Feminista coa apertura de postos de comida na rúa e a actuación de “Carolina Rubirosa Band” e Paula Do Campo.

O espazo no que se desenrolará a festa feminista será na zona do pavillón da Valenzá e no parque dos Carrís, ao carón do río dos Muíños

  • “Achegar o feminismo a todas as mulleres, creando espazos nos que estean representadas por diferentes mulleres do eido político, económico, cultural e/ou social” é o principal obxectivo da segunda edición da Romaría Feminista de Barbadás, sinala Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade.

 

  • A romaría pretende nesta segunda edición tanto nas mesas de debate coma nas actividades e nas actuacións musicais “centrarse na sororidade coma ferramenta feminista”, apunta González Nistal.

 

  • O lema “Xuntas camiñamos” é o eixo para facer fincapé no que a feminista mexicana Marcela Lagarde chama “pacto político entre mulleres”.

 

  • As mesas de debate abordarán as diferentes formas de violencia contra as mulleres, “tratando específicamente a violencia sexual e a cultura da violación, as políticas públicas nesta Cuarta Ola e tamén sobre o activismo feminista nas redes sociais”, destaca a concelleira de Igualdade de Barbadás.

 

  • Este mediodía fíxose a presentación da segunda edición da Romaría coa presenza de responsables municipais: o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal. Tamén estiveron traballadoras do Centro de Información á Muller de Barbadás e representantes de postos na rúa: Eva Muñoz, coach educativo e representante do instituto Ferro Couselo que traballou durante varios cursos co alumnado en actividades transversais vinculados á muller, e Marisa Varela, da asociación La Can.

 

  • O día 4 de outubro será o prólogo da Romaría coa presenza na zona de fook trucks e a actuación a partir das 21,00 horas de Carolina Rubirosa Band e Paula Do Campo.

 

  • O día 5 de outubro o grupo de pandereteiras de Piñor “Euquechesei” protagonizarán a actuación de apertura da Romaría ás 10,50 horas da mañá.

 

  • A Continuación a primeira mesa de debate está prevista para as 11,00 horas baixo o título “Movemento feminista nas políticas públicas”. Nesta mesa intervirán Pilar Cancela, presidenta da Comisión de Seguemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, María del Consuelo Vispo, deputada e portavoz do PP en Barbadás, Zaida Rodríguez, Secretaria provincial de Igualdade do PSdeG, Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e moderadora e Noa Presas.

 

  • Ao mediodía (12,30 horas) está previsto un recital de poesía protagonizado por Irma Ruth del Ángel, ddo Círculo Poético de Ourense.

 

  • Ás 13,00 horas comezará a segunda mesa de debate titulada a muller no deporte coa participación de Marta Bobo (primeira olímpica española e galega de ximnasia rítmica), Lorena Novas (árbitra de primeira división feminina de España), Carmen Cid “Witch” (atleta do Clube Box 001 Rumaniak), Mercé Barrientos (presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas, MUDEGA) e Silvia Vieito (moderadora, de Xornalistas Galegas).

 

  • Pola tarde a partir das 17,00 horas está prevista a mesa centrada en torno ao “Activismo feminista nas redes” coa presenza de Towanda Rebels (iutubers feministas), Feminista Ilustrada (ilustradora e educadora visual feminista), Daniela Fernández (AMIZANDO, Asociación LGTBI Galega) e Laura Seara (moderadora e Ex_Secretaria de Estado de Igualdade. Avogada e consultora de xénero).

 

  • Ás 19,00 horas actuará a charanga “O son da Lila”.

 

  • As actuacións musicais comezarán ás 21,00 horas coa presenza no escenario de “A banda da Loba”, “Leilía” e “Bambina”.

 

  • O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, asegurou que é fundamental “eguir con esta liña de traballo dende o concello para promocionar e visibilizar os dereitos das mulleres, tendo en conta que estamos nun momento no que existe unha ideoloxía que pretende desprezar e minusvalorar a problemática da muller. Por esa razón é máis importante darlle relevancia a este evento”.

 

  • Eva Muñoz, coach educativo, explica que la instalación de un puesto supone “dar ese pequeño pasito que podemos dar. En el stand con el que estaré en la romería figurarán trabajos realizados por jóvenes del instituto Ferro Couselo que han estado más de 2 años en la temática de la igualdad”.

 

  • Marisa Varela, de la asociación canina La Can, indica que este colectivo desenrola un proxecto para coidar as mascotas de mulleres vítimas de violencia de xénero porque cando se van a casas de acollida non poder levar ás súas mascotas. Facémonos cargo deses animais ata que esa muller volve á súa vida habitual”.

Igualdade, Novas

CONTENT.1733591292

SINGLE.1733591292