07/08/2020

Información de interese sobre o uso do transporte público en Barbadás: aplicación das bonificacións e uso da TMG

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA OS USUARIOS/AS DO TRANSPORTE PÚBLICO EN BARBADÁS.

O Concello de Barbadás poñerá en marcha as novas bonificacións para o uso do transporte público colectivo que se unificarán en todo o termo municipal.

Para acceder as bonificacións deberás tramitar a tarxeta TMG Tarxeta Metropolitana de Galicia nas Oficinas de ABanca.

As solicitudes para acceder as bonificacións poderán ser presentadas a partir do vindeiro 17 de agosto.

 A UTILIZACIÓN EFECTIVA DA TARXETA METROPOLITANA DE GALICIA COAS CORRESPONDENTES BONIFICACIÓN ENTRARÁ EN VIGOR A PARTIR DO 1 DE SETEMBRO

  • COA TARXETA TMG nas túas viaxes dentro do término municipal de Barbadás, ou entre Barbadás e Ourense, o prezo é de 0.85€ por viaxe (que serán descontados automáticamente do saldo da túa tarxeta), sen necesidade de ningunha solicitude.
  • SE ADEMÁIS está vostede empadroado/a no Concello de Barbadás e PERTENCE A UN DESTES COLECTIVOS:
    • Estudantes:
      • Menores de 28 anos.
      • Matriculado/a nun centro de ensino oficial (público ou privado).
    • Pensionistas.
    • Persoas cunha diversidade física ou psíquica igual ou superior ao 33%.
    • Usuario/a de asociacións dedicadas á atención a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Barbadás.
  • PRESENTE A SÚA SOLICITUDE, acompañada da documentación e a túa tarxeta TMG, no Rexistro do Concello de Barbadás para poder acceder as seguintes BONIFICACIÓNS:
COLECTIVO IMPORTE DA VIAXE
Estudantes. 0,60€.
Pensionistas. 0,70€.
Persoas cunha diversidade física ou psíquica igual ou superior ao 33%. 0,70€.
Usuario/a de asociacións dedicadas á atención a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Barbadás. 0,70€.

 

  • DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE:
  1. Copia cotexada do DNI, NIE ou pasaporte.
  2. Copia da tarxeta do transporte de Galicia.
  3. No caso de non dar permiso para comprobar os datos persoais no Padrón de habitantes do Concello de Barbadás, deberá presentar volante de empadroamento do Concello de Barbadás.
  • Documentación específica segundo o tipo de bonificación social:
  1. Estudantes: copia da matrícula do centro de ensino (público ou privado) no momento que se solicita a axuda, ou certificado acreditativo de estar matriculado en dito centro de ensino.
  2. Pensionistas: segundo o caso que proceda:
  • Certificado expedido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) da Xunta de Galicia ou organismo análogo doutra comunidade autónoma, que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Certificado da Seguridade Social ou da Xunta de Galicia indicando si a persoa solicitante é perceptora dunha pensión.
  • Certificado acreditativo de ser usuario/a de asociacións dedicadas á atención a persoas con diversidade intelectual ou física, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública emprazada no Concello de Barbadás.

 

Novas, Transporte

CONTENT.1726321069

SINGLE.1726321069