11/07/2019
Inicio das obras de substitución do céspede artificial do campo dos Carrís, A Valenzá, Barbadás
Campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá)
– Comezaron as obras de substitución do céspede artificial do campo de fútbol.
– Orzamento de adxudicación: 285.439 € (impostos incluidos).
– Cambio do céspede do campo de fútbol dos Carrís (A Valenzá).
– As obras inclúen tamén a instalación de novo céspede artificial no campo de fútbol 8 (antes en terra).
– Na actualidade estase procedendo ao desmontaxe do céspede artificial existente. Entre os traballos previos inclúese tamén o desprazamento de 3 farolas.
– Tamén se nivelará a subbase e vertido da zahorra portante no campo de entrenamento.
– Instalarase un sistema de rego por aspersión.
– Construiranse sumideiros laterais.
– Procederase á colocación de céspede sobre estratos con capacidade de filtración reducida.
– Colocación de céspede artificial: superficie deportiva sintética Dúo Shape 60.
– Colocación de soportes para rede: soportes de aceiro galvanizado de tubo redondo de 6 metros de altura para colocación de rede recollepelotas.
– Os traballos no campo de fútbol 11 está previsto que rematen en agosto.
– A execución do proxecto está financiado conxuntamente pola Deputación Provincial e o Concello de barbadás.
– Visitan as obras o concelleiro de Deportes, Abel Cortés, e a concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza.