29/11/2019

Inscrición no concurso de decoración de Nadal en balcóns e ventás

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRIU O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS E VENTÁS

Esta iniciativa ten como finalidade amosar as obras anónimas de decoración que realizan os/as veciños/as coincidindo coas datas de Nadal

  • O prazo de inscrición para participar no concurso de decoración de balcóns e ventas xa está aberto e finaliza o 13 de decembro.
  • Os impresos para inscribirse poderán obterse no Concello de Barbadás, nas oficinas municipais da Valenzá ou a través da páxina web do Concello (barbadas.es).
  • A presentación dos impresos para participar poderán presentarse na casa consistorial, nas oficicinas municipais da Valenzá ou a través da sede electrónica.
  • O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal e haberá total liberdade en técnica e estilo.
  • Esta iniciativa está promovida pola Concellería de Comercio.
  • Os criterios de valoración serán os seguintes: creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición e motivos empregados para decorar.
  • O concurso de decoración de balcóns e ventas está dirixido a veciños e veciñas do concello de Barbadás que teñan vivendas con balcóns e ventas que poidan ser decorados, explica Marga Pérez, a concelleira de Comercio.
  • Na ficha de inscrición será preciso formalizar a participación no concurso e enviar unha foto do balcón ou ventá ó enderezo electrónico cet@barbadás.es ata o día 13 de decembro.
  • No envío da foto á mencionada dirección de email hai que facer constar no asunto do correo electrónico: participación concurso de balcóns e ventas, así coma o nome da persoa participante.
  • Respecto ao sistema de votación, na webdo Concello de Barbadás (barbadas.es) habilitarase un formulario onde as persoas interesadas poderán votar telemáticamente entre os días 14 e 22 de decembro.
  • Unha vez que se coñeza o/a gañador/a do concurso, comunicaráselle formalmente e ademais publicarase na web do Concello.
  • Establecese un primer premio por valor de 100 euros e un segundo premio de 50 euros.
  • A entrega de premios será o 23 de decembro.

Comercio, Novas

CONTENT.1733941814

SINGLE.1733941814