04/08/2023

Inscricións VI Concurso “Barbadás a bocados” Pinchos 2023

A Concellería de Comercio do Concello de Barbadás pon en marcha o VI Concurso “Barbadás a Bocados”- Pinchos 2023, que se celebrará os días 15 e 16 de setembro de 2023.

Desde o día 4 de agosto e ata o 14 de agosto ambos incluídos estará aberto o prazo de inscrición para   todos os establecementos de hostalería que queiran participar.

Só hai que cubrir a ficha de inscrición e entregala no Rexistro do Concello ou nas Oficinas municipais de A Valenzá.

Para máis información ou consulta de dúbidas, contactar co Centro Empresarial Transfronteirizo (CET). Teléfono: 988360413 .Enderezo electrónico:  cet@barbadas.es

Data Adxuntos
04/08/2023 Ficha inscrición BARBADÁS A BOCADOS 2023 PDF [451 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1730546943

SINGLE.1730546943