16/08/2024

Inscricións VII Concurso Barbadás a Bocados-Pinchos 2024

A Concellería de Comercio do Concello de Barbadás pon en marcha o VII Concurso “Barbadás a Bocados”- Pinchos 2024, que se celebrará os días 13 e 14 de setembro de 2024.

Desde o día 14 de agosto e ata o 19 de agosto ambos incluídos estará aberto o prazo de inscrición para   todos os establecementos de hostalería que queiran participar.

Só hai que cubrir a ficha de inscrición e entregala no Rexistro do Concello, nas Oficinas municipais de A Valenzá, ou na sede electrónica https://barbadas.sedelectronica.gal

Para máis información ou consulta de dúbidas, contactar co Centro Empresarial Transfronteirizo (CET). Teléfono: 988360413 .Enderezo electrónico:  cet@barbadas.es

Data Adxuntos
16/08/2024 Ficha inscrición VII Concurso de pinchos Barbadás a Bocados 2024 PDF [446 KB]
16/08/2024 Bases reguladoras do Concurso de Pinchos Barbadás a Bocados 2024 PDF [267 KB]

Comercio, Eventos

CONTENT.1726146613

SINGLE.1726146613