23/03/2020
Instrucción sobre os contenedores de lixo orgánico e os de plásticos/envases: deixe a tapa aberta
O CONCELLO DE BARBADÁS INFORMA QUE A PARTIR DE AGORA GESECO DEIXARÁ OS COLECTORES DE LIXO ORGÁNICO ABERTOS PARA EVITAR TOCAR A TAPA AO DEPOSITALO
- Solicitamos a colaboración cidadá para adoptar as medidas de precaución necesarias á hora de depositar o saco do lixo nos contenedores de orgánico (contenedores verdes) e nos de plásticos/envases (contenedores amarelos)
- Instruccións de cara á situación de emerxencia sanitaria: nos días sucesivos e ata que dure a crise do COVID-19 – NON PECHE A TAPA DO CONTENEDOR.
- A cidadanía debe lembrar que estes días, máis ca nunca, ROGAMOS O MÁXIMO RESPECTO PARA DEPOSITAR O LIXO NOS CONTENEDORES A PARTIR DAS 20,00 HORAS.
- A empresa Geseco irá abrindo progresivamente as tapas dos contenedores verdes e amarelos nos vindeiros días para facilitar o cumprimento desta instrucción.
- A veciñanza só pode sair á rúa para cuestións imprescindibles e gardando as indicacións comunicadas pola Autoridade Sanitaria.