17/02/2021

Itinerarios formativos para persoas maiores de 60 anos, organizados pola Xunta e La Caixa

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA E A FUNDACIÓN “LA CAIXA” ORGANIZA ITINERARIOS FORMATIVOS SOBRE SAÚDE FÍSICA, DESENVOLVEMENTO PERSOAL, MELLORA DAS COMPETENCIAS DIXITAIS E PROMOCIÓN DA LECTURA

As actividades son gratuitas  e as prazas  son limitadas

A inscrición debe realizarse chamando ao teléfono 900293716

  • Os itinerarios formativos están dirixidos ao mantemento e mellora da actividade física e prevención da fraxilidade.

 

  • Tamén se aborda o fomento do desenvolvemento persoal, a mellora das competencias dixitais e a promoción da lectura.

 

  • “Mantemento e mellora da saúde física e prevención da fraxilidade”: para facilitar ás persoas maiores as ferramentas necesarias para promover a súa autonomía e mellorar o seu benestar. En forma! Alimenta o teu benestar!

 

  • “Fomento do desenvolvemento persoal” NOVO* Mediante a aplicación de estratexias e recursos que os favorezan.
    *Vivir con sentido: con este taller convídase a facer unha viaxe persoal, reflexionando sobre aqueles aspectos relevantes da nosa vida, e buscando polo camiño recursos, capacidades e habilidades persoais para construír un proxecto de vida con significado e sentido para cada un, mesmo en tempos de COVID.

 

  • ” Mellora das Competencias Dixitais”: para facer uso práctico e cotián das novas tecnoloxías: WhastsApp, videoconferencias, Facebook, Teams…

 

  • ” Promoción da lectura”:para crear un espazo de reunión e conversación ao redor dun libro. Faladoiros literarios.

 

  • Os requisitos son ter 60 anos ou máis, residir en Galicia e dispoñer de conexión a Internet, smartphone/tablet/ordenador e correo electrónico.

 

  • A inscrición debe realizarse chamando ao teléfono 900293716.

 

  • O prazo de inscrición: do 15 ao 19 de Febreiro 202, de luns a venres, en horario de 10 a 18 h.

 

  • Cada participante poderá inscribirse a un máximo de 3 actividades

 

Novas

CONTENT.1635053319

SINGLE.1635053319