07/04/2025

IV EDICIÓN DO BARBADÁS GAMING. Evento de e-sports na Casa da Mocidade

Cuarta edición do´Barbadás Gaming´. Un evento  gratuíto de videoxogos que terá lugar  na Casa da Mocidade de Barbadás en Semana Santa. Os días 15 e 16 de abril  as persoas que asistan  poderán competir,  xogar e asistir como público. Contaremos con consolas PS5, gafas de Realidade Virtual e equipos de  simulación de  condución.

 

Unha nova cita cos deportes electrónicos na casa da Mocidade  para vivir novas emocións e divertirse.

 

Datas:  15 e 16 de abril de 2025 en horario de 11 a 14 h e de 16 a 20 h. 

 

Eventos, Mocidade

CONTENT.1750528434

SINGLE.1750528434