24/06/2026

O Concello de Barbadás impulsa a IV edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”

Será o 4 de xullo de 2026. Saída dende o Centro Social de San Lourenzo de Piñor

IV Paseo literaio Carmen Martín Gaite - (Banner web)

O Concello de Barbadás celebrará o vindeiro 4 de xullo a cuarta edición do Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite” e inaugura unha exposición fotográfica sobre a súa infancia.

 

Estas iniciativas contan coa mentoría de David González Couso, estudoso da vida e obra de Carmen Martín Gaite, e buscan poñer en valor o vínculo da recoñecida escritora coa contorna de San Lourenzo de Piñor e divulgar o patrimonio cultural e literario do municipio.

Paseo literario e exposición fotográfica

O paseo literario dará comezo ás 9.45 horas coa saída desde o Centro Social de San Lourenzo de Piñor e incluirá a inauguración da ruta “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, un percorrido que permite achegarse aos espazos que inspiraron e marcaron a vida e obra da autora.

 

Coincidindo con esta xornada, abrirase tamén ao público a exposición fotográfica “As palabras postas en fila: O álbum de infancia de Carmiña en Piñor”, unha mostra que recolle imaxes e lembranzas da infancia de Carmen Martín Gaite na contorna de Piñor e que poderá visitarse no Centro Social de San Lourenzo de Piñor a partir do propio 4 de xullo.

 

Esta exposición supón unha nova oportunidade para afondar na memoria persoal e literaria dunha das autoras máis relevantes da literatura española do século XX, reforzando o vínculo emocional e cultural entre Barbadás e a escritora.

 

O paseo literario consolídase así como unha proposta cultural de referencia no municipio, combinando literatura, memoria, fotografía e territorio, ao tempo que contribúe á recuperación e difusión da pegada de Carmen Martín Gaite en Piñor.

Inscricións

 

O Concello anima á veciñanza e ás persoas interesadas na literatura e no patrimonio a participar nesta actividade, que require inscrición previa a través deste formulario ou escaneando o QR do cartel. 

 

O prazo de inscrición estará aberto ata  o 1 de xullo de 2026 ás 23:59 h.

 

Vémonos no IV Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”!!

4º PASEO LITERARIO PIÑOR. 4 xullo 2026

Exposición fotográfica, no centro social de Piñor, sobre Carmen Martín Gaite. A partir do 4 de xullo de 2026

 

Cultura, Eventos, Participación cidadá

CONTENT.1784485983

SINGLE.1784485983