09/04/2024

Izan Justo Calviño, acordeonista e alumno do Filomena Dato, gaña o primeiro premio do Concurso de Interpretación Mestre Vide

Primeiro premio do V Concurso de Interpretación Mestre Vide, na categoría C.

Izan Calviño, premio Mestre Vide

Izan Justo Calviño, acordeonista de 11 anos, alumno do Colexio Filomena Dato da Valenzá e veciño de Barbadás, gañou o pasado sábado, 6 de abril, o primeiro premio do V Concurso de Interpretación Mestre Vide, na categoría C.

Izan comezou a aprendizaxe do acordeón aos 5 anos, co profesor Iván Carballo Cortés. Dende entón segue co devandito profesor na escola de música da Asociación Música e Cultura de Galicia; e no Conservatorio Profesional de Ourense, coa profesora Celia Adrián Rodríguez, da que recibe clases dende que entrou con 8 anos.

 

Entre os diversos premios logrados por Izan ao longo destes últimos catro anos, destacan:

  • 1° premio do V Concurso de Interpretación Mestre Vide (Ourense, 2024).
  • 1° premio do VI Concurso Aris del Puerto (Ponferrada, 2023).
  • Finalista do IV Concurso de Interpretación Mestre Vide (Ourense, 2023).
  • 1° Premio do V Concurso Aris del Puerto (Ponferrada, 2022).
  • Premio Mestre Vide do III Concurso de Interpretación Mestre Vide (Ourense, 2022).

primeiro premio do V Concurso de Interpretación Mestre Vide, na categoría C.

Cultura, Educación/Formación, Novas

CONTENT.1726132077

SINGLE.1726132077