29/05/2022

Jesús e Rosa Campelo viviron na tenda familiar cando A Valenzá era o barrio “Carnicerías” para os carteiros

Emprendemento en Barbadás

Rosa e Jesús Campelo Otero, na tenda dos seus pais Preciosa e Aurelio, pechada dende o 2000. Barbadás maio 2022. Foto Rosa Veiga
  • A zona habitada da Valenzá na posguerra era parte da Carballeira (hoxe barrio do municipio de Ourense) e en Correos identificábase como “o barrio Carnicerías” segundo lembra Jesús Campelo, que dende os 9 anos axudou aos seus pais, Preciosa e Aurelio, na tenda que hoxe pode verse pechada pero intacta, a carón do estanco que segue a ser da familia.

 

  • A irmá de Jesús, Rosa, é xerente do estanco instalado dende comezos dos 2000, a poucos metros da tenda “Campelo” orixinal, e os dous fixeron memoria para describirnos a actividade que se desenvolvía na contorna de tenda familiar.


"vinos y licores", panadería.... Campelo Aurelio (pai de Rosa e Jesús) e a tía Consuelo na porta de tenda (foto esq.) O matrimonio Preciosa e Aurelio cos fillos José Luis, Jesús e Aurelio e unha tía. Reproducido do álbum familiar Rosa Veiga /concello de Barbadás

“vinos y licores”, panadería…. Campelo
Aurelio (pai de Rosa e Jesús) e a tía Consuelo na porta de tenda (foto esq.) O matrimonio Preciosa e Aurelio cos fillos José Luis, Jesús e Aurelio e unha tía.
Reproducido do álbum familiar (Rosa Veiga/concello de Barbadás)

 

  • Os seus pais, Preciosa e Aurelio, eran da comarca da Limia e no ano 45 plantexáronse o futuro entre a decisión de emigrar a Venezuela ou quedar no casco vello de Ourense.
    “Viñeron para Ourense e o noso pai traballou un ano nas obras do ferrocarril ata que souberon no ano 46  da tenda-vivenda na Valenzá. O propietario daquela era un médico chamado Eustaquio, da familia Eire, e acordaron con el quedarse co edificio” detalla Jesús, que dende os 9 anos botou una man n atenda nas vacacións e ratos libres do colexio.
    “A familia Eire era propietaria de parte do terreo do barrio, aparte da casa-tenda, dende finais do século XIX; tiñan un almacén de sal no soto e outro almacén de alimentación nun edificio en Ourense”, relata Jesús.

 

  • Contáronlle que coa familia Eire ao fronte da tenda, “viñan carruaxes a cargar sal para levala a establecementos de toda Celanova”. Despois fíxose cargo dela “un tal Gerardo” e seguidamente os seus pais, que cambiaron o nome do letreiro da fachada para engadir “Campelo” ao de “vinos y licores, paquetería y….  ”, como se ve nalgunha das fotografías do artigo.
A Valenzá dende a tenda Campelo. No fondo a carnicería de Maruja e Serafín, aproximadamente nos anos 50. Reprodución do álbum familiar /Rosa Veiga/concello de Barbadás

Cinco carnicerías na Valenzá

  • Jesús e Rosa narran a Valenzá que lembran da infancia e xuventude, e a partires do álbum familiar de fotografías. Daquela “había doce familias na Valenzá e cinco carnicerías, aparte dos bares e tendas básicas de alimentación como a nosa e a de Julia, na casa que aínda se conserva na rotonda central da Valenzá”.
  • O barrio era un anaco da Caballeira e da Valenzá, e os establecementos que lle deron o nome de “Carnicerías” eran a do Pepe “O Pera”, a de Maruja e Serafín, a do “Garabás” (a súa muller tiña outra na rúa Marcelo Macías) e a do señor Manolo. Todas estiveron abertas ao publico durante os anos 50, 60 e 70, segundo Jesús. “Cada sábado facíanse colas de familias de Ourense que viñan mercar aquí a carne, e de paso outros alimentos para o consumo semanal”.
Preciosa e Aurelio na tenda Reprodución do álbum familia. Barbadás maio 2022
Preciosa e Aurelio na tenda Reprodución do álbum familia.
Barbadás maio 2022
  • Houbo unha máis xusto na posguerra que era “do Lombán”, pero estivo aberta durante menos tempo.

 

  • “O barrio era eminentemente comercial e de servizos e a nosa tenda era como un Corte Inglés en pequeno, no que había alimentación, mercería, tabaco, viños, pensos, confección…” relata.

 

  • Aparte das carnicerías e da tenda “Campelo”, estivo aberta outra na que os “homes tomaban o viño ao saír da misa cada domingo, no fondo da costa que leva a igrexa de San Bernabé”. Era a tenda-bar de Julio “o Moca” que estivo activa ata os anos 50. Outras como a de Manolo Feijóo e herdeiros, estivo aberta ata finais do século XX, e por último a da propia Julia, no medio da Valenzá.
O "forno do Manolo" e a "carnecería do Pera" no fondo esta foto na que Aurelio e Rosa posan de Primeira Comunión. Reproducida do álbum familiar/Rosa Veiga/ Concello de Barbadás
O “forno do Manolo” e a “carnicería do Pera” no fondo esta foto na que Aurelio e Rosa posan de Primeira Comuñón. Reproducida do álbum familiar/Rosa Veiga/ Concello de Barbadás

Outros locais non alimentarios

  •  Según Jesús e Rosa, había tamén dúas carpinterías: a de Aser Sabucedo con “bastantes empregados e especializada en mesas”  e outra de Manuel Paradela, adicado a facer mobles a medida. As dúas traballaron durante os anos 60, 70 e 80.

 

  • Na contorna máis próxima á súa tenda, estivo o restaurante “Os Chilotes” da familia Santos ata comezos do XXI, una ferrería de Emilio “o Ferreiro” e a chapistería do “Chabas”.
    Outros negocios desa época duraron pouco como zapaterías e pescaderías, segundo puido saber Jesús Campelo. Hoxe o panorama comercial do barrio é moito máis amplo, e nel permanecen algunhas das vellas tendas protagonistas daquela de case toda a actividade económica.

 

O "forno do Manolo" e a "carnecería do Pera" no fondo esta foto na que Aurelio e Rosa posan de Primeira Comunión. Reproducida do álbum familiar/Rosa Veiga/ Concello de Barbadás
Tenda Campelo na actualidade e no recadro, Jesús na fachada lateral, tal como segue hoxe. Reproducida do álbum familiar/Rosa Veiga/Concello de Barbadás. maio 2022

Novas

CONTENT.1726561057

SINGLE.1726561057