23/07/2021

Juan Carlos Arias saca á luz os alcumes de Sobrado do Bispo

Sociedade en Barbadás

Juan Carlos Arias Sobrado - Barbadás
  • Juan Carlos Arias é conversador, preguntador con antecedentes laborais de investigador, buscador… agora da historia do pobo no que vive.

 

  • Hai un tempo caeu nas súas mans o libriño “Mil y pico de apodos orensanos  escrito polo etnógrafo, escritor, humorista… ourensán  Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Sey” e publicado nunha revista de pedagoxía de Madrid en 1971.mi ly pico apodos orensanos BenChoSey

 

  • Eu son de Cartelle, pero en Sobrado do Bispo, onde vivo hai anos, convencinme de que os alcumes tiñan que estar recollidos nalgún libro, porque tódalas familias teñen un ou dous, así que forman parte do xeito de vida e da nosa memoria, pois pasan de pais a fillos, e ás veces de nais a fillas, aínda que parece que isto menos”, detalla.

 

  • Con 167 destes alcumes a asociación cultural Porta da Cadea  auto-editou un libriño.

 

  • Cando algunhas persoas se decataron de que estabamos a recoller os alcumes, amosaron desgusto e sentín que podían xurdir problemas, así que polo momento, decidín facer unha publicación xenérica, que espero mellorar e completar porque xa teño máis de 300 alcumes recollidos”, sinala.

 

Primeiro libro, con futura ampliación

  • Arias recolleu alcumes primeiro na súa familia, despois entre amigos e amigas e finalmente de case tódalas familias de Sobrado do Bispo.

 

  • El mesmo é “neto do habanero” de Cartelle, e comparte directiva na asociación cultural con Paula Rodríguez, veciña tamén de Sobrado, que é filla de Manolo, o “Garrincha” de Arnoia, e de María Flora que a súa vez, é filla de Felipe “dos Primos”.

 

  • Nas fotografías deste artigo, Juan Carlos está acompañado polo “Garrincha” e a filla de Felipe “dos Primos”, e na outra acompañado polo nome da rúa do “Ruque”, alcume do veciño de retornou de Cuba e deu pulo as bandas musicais do pobo no século XX.

 

  • Todos estes alcumes están recollidos na publicación ‘E ti de quen eres?’ Auto-editada despois de ano e medio de compilación.

 

  • A publicación reproduce tamén 8 fotografías nas que se ven pandillas de amigos e amigas en días de voda e festa, grupos de estudantes da vella escola e dúas bandas de música.

 

  • Os mozos e mozas protagonistas non están identificados, pero Juan Carlos explícanos que esas imaxes inclúen as caras de Luis “dos Beninós”, a “Pachana”, Rosita “do Bragas”, Isabel do “Pés de gato”, a “do Truco”, a “Cagallona”, o “Mirrolo”, o “Alegría”, o “Calote”, o “Caminoias”, o “Chafardín”.

 

  • Aí está unha parte da historia de Sobrado do Bispo que ten que ver co patrimonio inmaterial, recoñecido pola UNESCO e organismos internacionais, estatais e autonómicos , e que inclúe contos, lingua, ritos, expresión sociais, tradicións… aínda abondosos e conservados en Galiza. 

 

  • Para a UNESCO, o patrimonio cultural inmaterial ou “patrimonio vivo” refírese a “prácticas, expresiones, saberes o técnicas transmitidos por las comunidades de generación en generación. Este patrimonio proporciona a las comunidades un sentimiento de identidad y de continuidad: favorece la creatividad y el bienestar social, contribuye a la gestión del entorno natural y social y genera ingresos económicos. Numerosos saberes tradicionales o autóctonos están integrados, o se pueden integrar, en las políticas sanitarias, la educación o la gestión de los recursos naturales”.

 

Para apoiar actividades da asociación cultural

  • Arias ten claro que seguirá a investigar e buscar as historias de Sobrado do Bispo e conta con Juan Carlos Forneiro “Xuco” nesa labor que levan de xeito paralelo. Tamén conta ca colaboración de persoas do pobo e algunhas de fóra para seguir nesta tarefa de recuperala memoria local, que é un dos obxectivos tamén de “Porta da Cadea”.

 

  • A asociación cultural organiza “colleitas” e escaneado de fotografías aportadas polas familias, para expoñelas periodicamente nun lugar público. Até agora así foi na praza de San Xoán e nalgunha outra, nos momentos en que a pandemia o permitiu sen risco.

 

  • Lembra que alcumes “temos todos”, pois cadaquén escolle un nome especial para navegar por internet, por exemplo, ben nos correos electrónicos, ou para xogar en liña con outras persoas descoñecidas …. En inglés ese nome especial chámase “nikname”, en galego alcume, en portugués “alcunha”… uns escólleos a propia persoa, e outros están postos por persoas alleas seguindo diferentes criterios.

 

  • Pero, segundo Juan Carlos, “pobre do que careza de mote ou alcume, porque será insignificante e anónimo”. Non anotou a orixe da frase pero considera que explica parte do seu interese. Inventar, utilizar e estudar alcumes non é unha rareza en Galiza. Numerosas obras literarias e estudos fan visible o seu uso, como as de Ben-Cho-Sey, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo…

 

uan Carlos acompañado polo “Garrincha” e a filla de Felipe “dos Primos”. Foto: Rosa Veiga

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1729003850

SINGLE.1729003850