18/11/2025
Kantantibus Coro de Cámara de Ourense
Cartel Kantantibus

O próximo domingo 23 de Novembro, ás 19h. concerto de Kantantibus na Casa da Cultura de Barbadás.
O programa que presentamos nesta ocasión mergúllase na música antiga, cun percorrido polas sonoridades da Idade Media e do Renacemento. Trátase dun repertorio que combina pezas sacras e profanas, evocando tanto a espiritualidade das composicións litúrxicas como o carácter festivo e popular dos cancioneiros.
Entre os autores representados figuran nomes fundamentais como Juan del Encina, así como obras anónimas dos Cancioneiros de Palacio e de Uppsala, xunto a outras pezas tradicionais que nos conectan coa raíz máis popular da música vocal.
Unha selección coidada para resaltar a diversidade de estilos, texturas e afectos que, a pesar da distancia no tempo, seguen a emocionar e conectar co público actual.
Día: Domingo 23 de Novembro
Hora: Ás 19h.
Lugar: Sala de actuacións da Casa da Cultura | Barbadás.
Evento: Música de cámara
(Entrada libre ata completar aforo)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás