14/08/2025
La Finestra Nou Circ
Cartel "Tranvía nº 12"

Un dos pratos fortes do Programa de Verán do Concello de Barbadás, chega esta vindeira semana, o xoves 21 de Agosto, ás 21h. da mán da Compañía Valenciana LA FINESTRA NOU CIRC que vai a presentar o espectáculo “Tranvía nº 12º“, será coma sempre no Parque dos Patos (A Valenzá)
La Finestra Nou Circ é unha compañía de circo valenciana creada en 2012 cuxo obxectivo é producir e difundir espectáculos cunha liña artística multidisciplinar que cheguen a todo tipo de públicos.
Os seus espectáculos combinan malabarismos, aéreos, acrobacias, equilibrios e clown con outras Artes Escénicas como a música, a danza e o teatro.
Sinopse:
Cinco personaxes diferentes reúnense nunha peculiar parada dun antigo tranvía, están nerviosos, desprazados, só teñen unha cousa en común… agardan.
Están preparados para irse, viaxar, descubrir o que lles depara o seu destino… o tranvía está alí agardándoos, pero sempre hai un motivo polo que nunca sae.
Esta emoción colectiva provocará neles unha forma inesperada de relacionarse, de coñecerse, descubrindo que teñen máis en común do que creían, moito talento, creatividade, o circo, o sentido do humor ante a vida e a súa peculiar resiliencia.
Evento: Circo
Día: Xoves 21 de Agosto
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos (A Valenzá)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás