15/05/2019

Letras Galegas

O xoves 16 de maio ás 10h. no Colexio O Ruxidoiro, narración con Pablísimo e o seu “Paroleiro”.

O paroleiro é moi amigo de parolar…gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. Neste contacontos empregaremos recursos como : sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahilas, brinquedos, cancións e narración oral.

Organiza: Concellaría de Cultura

Cultura, Eventos

CONTENT.1563668795

SINGLE.1563668795