23/05/2018

Letras Galegas

Fin da programación 2018

Este xoves, na Valenzá, co Contacontos ilustrado, mulleres galegas de Polo Correo do Vento e o Espectáculo de poesía e música de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos do venres, darase por rematado o programa Letras Galegas 2018.

 

Un punto e seguido co resto das actividades para desenvolver desde a concellería de Cultura, Mocidade e Igualdade, como a presentación nesos mesmos días dos novos fondos no tema de IGUALDADE DE XÉNERO cos que conta a biblioteca infantil e xuvenil. Incorporacións que tamén teñen o seu reflexo na biblioteca para adultos con novos títulos sobre FEMINISMO.

 

E non serán as únicas novidades porque xa se está traballando na formación de diferentes grupos de VOLUNTARIADO e outras actividades que se irán anunciando neste próximo mes de xuño.

Novas

CONTENT.1714083472

SINGLE.1714083472