18/01/2023

Liña de axudas para dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada do Igape

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha nova convocatoria dos obradoiros de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada impulsados pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tales, para efectos destas axudas:

a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, clústeres empresariais ou hubs de innovación dixital ao abeiro da Estratexia galega de HID.

b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a creación de espazos de encontro entre empresas para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos de implementación de ferramentas colaborativas sectoriais nos eidos da dixitalización, a sustentabilidade ou a loxística avanzada, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde as 8.00 horas do día 11 de xaneiro de 2023.

Data Adxuntos
18/01/2023 Obradoiros IGAPE dixitalización PDF [795 KB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1711664644

SINGLE.1711664644