03/03/2025
Lito, da orquestra Panorama, prende a mecha do Entroido de Barbadás

- A celebración continuou ca Festa de Comadres e a ambientación musical de Gramola Disco
O cantante Lito Garrido, director da orquestra Panorama, foi o encargado de dar o pistoletazo de saída da fin de semana de Entroido de Barbadás. O seu pregón supón o inicio dos días grandes da programación, con citas tan esperadas coma o Gran Desfile do martes ou a Queima do meco do mércores.
Dende a Glorieta da Familia da Valenzá, Lito prendeu a mecha da celebración acompañado pola concelleira Ana Peleteiro. A noite continuou ca Festa de Comadres e a ambientación musical da Gramola Disco.