24/05/2022

Lola “Logaro” da Valenzá une a paixón por calcetar pezas como “Louredo” e proyectos internacionais

Emprendemento en Barbadás

Lola García Romanelli, comezou na Valenzá os seus talleres de calceta. Hoxe empresaria en "Hilokune" en Ourense.
  • Lola García Romaneli vive na Valenzá hai 20 anos e alí comezou a compaxinar técnica, creatividade e vida familiar. En Barbadás creou pezas tecidas con agullas e fíos e impartiu talleres de calceta, ganchillo e “patchword”, durante 12 anos.

 

  • Dende 1998 ten a Carta de “Artesá de Retacería” (tradución do Ministerio de Industria para «patchword») e foi a primeira artesá de Galicia con Carta de “Centoneira (tradución da Xunta de Galicia para “patchword”). Dende 2004 ten a Carta de Artesá de Calceta e Gancho .

 

  • Hai sete anos que a súa actividade pasou a ser empresa con local propio para talleres e tenda na cidade de Ourense  e desenvolve, como actividade paralela, un “activismo” defensor da economía local, dos produtos tradicionais e naturais e da riqueza patrimonial.
    “De pequeña comencé a firmar mis dibujos escolares con el nombre de Logaro, y hacía broches con cables de colores que unía con un alicate para venderlos a 5 pesetas y seguí ese camino”, lembra.

 

  • No taller cántabro da súa nai coñeceu os materiais téxtiles; na universidade de Palencia titulouse como Enxeñeira Agrónoma, e de volta ao eido téxtil pasou 20 anos de feira en feira por Europa e América para vender traballos calceteiros de cores variadas, que sempre tiveron boa acollida.

 

En marcha peza de calceta “Louredo” de Barbadás

  • Da súa paixón calceteira saen continuamente pezas artísticas, prendas e patróns con nomes como Teselas, Toscana, Auria.

 

 

  • Lola contou coa tamén artesá Bea Carbón  e co interese do concello coruñés, para dar pulo a esta celebración do tecido artesanal , arredor da transformación artesanal da la, e con materias primas con valor engadido, como a la de ovella galega, en perigo de extinción.
    “Bea y yo localizamos y visitamos  algunas de las explotaciones gallegas registradas en Asovega, recogimos lana de ovejas autóctonas y la hilamos para estudiar sus posibilidades”, relata.

 

  • Neste primeiro traballo de colleita e fiado, Lola descubriu que a calidade da la é moito mellor da esperada e ve viable un proxecto maior que espera chegar a ter unha Denominación de Orixe para a la de ovella galega e os procesos de fiado e elaboración de todo tipo de prendas e pezas con esa base.

 

  • A la das granxas  “A Ciruxana” de Viana do Bolo ( provincia de Ourense ) de Feal de Cabanas (provincia da Coruña) será a materia prima para unha peza chamada “Cabanas” que estará no evento dos días 10, 11 e 12 de xuño, e para outra que levará o nome do bosque de “Louredo” de Barbadás.

 

  • Lola coñeceu o bosque e atopou nel un ambiente cheo de luz, sons de primavera e tranquilidade no que espera tecer unha das súas pezas.
Lola García Romanelli, comezou na Valenzá os seus talleres de calceta. Hoxe empresaria en "Hilokune" en Ourense.
Lola García Romanelli, comezou na Valenzá os seus talleres de calceta. Hoxe,  empresaria en “Hilokune” en Ourense.

Sempre creando

  • A cabeza de Lola non para e con todos os “fíos” enreda contactos e participa en actividades que promocionen a calceta e calquera outro xeito de tecer, con agullas, con forquiñas, con ganchiños… Ela fía no seu espazo “Hilokune”, debuxa patróns, idea pezas como bufandas, chales, xerseis, fitas para o pelo.E inventa puntos de encontro que triunfan entre calceteiros e calceteiras de Galicia como “Ven y Punto” ou novas creacións co nome de “logarezas”, visitas a espazos de produción e elaboración de la, talleres de calceta, de fiado, de tecer calcetíns, de bordado con lá…

 

  • Iremos contando, que isto non acaba.
    E estaremos pendentes desa peza “Louredo” arredor dese espazo noso que para Lola é inspirador.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, Promoción económica

CONTENT.1733945258

SINGLE.1733945258