20/12/2021
Listado admitidos/as ludoteca de nadal ano 2021
Prazo inscrición: 13 - 16 decembro
AS LUDOTECAS DE NADAL PROMOVEN A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL
Terán lugar os días 22, 23,27,28,29 de decembro de 2021 e 3,4,5 de xaneiro de 2022
- As ludotecas de Nadal consisten nunha actividade educativa e de animación sociocultural que ten como obxecto dinamizar a participación dos nenos e nenas do municipio e conciliar a vida familiar e laboral.
- Nesta actividade de Nadal desenvolveranse actividades como traballos manuais, xogos, cine, etc.
- As xornadas serán de 5 horas de duración en horario de 9.00 a 14,00 horas.
- Ofértanse 15 prazas para nenos e nenas con idades de 3 a 6 anos (ámbolos dous incluídos) e 15 prazas para nenos e nenas con idades de 7 a 12 anos (ámbolos dous incluídos).
- Adxudicación de prazas: realizarase de forma directa se o número de solicitudes é inferior ao número de prazas que se ofertan. No suposto de que o número de solicitudes sexa superior ó número de prazas ofertadas, a orde de prioridade establecerase tendo en conta os seguintes requisitos: 1. Que o/a menor esté empadroado/a no concello de Barbadás. 2. Os/as proxenitores/as estén traballando no periodo solicitado de disfrute da actividade.
- Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado obtido o 25 de febreiro de 2021 do Sorteo anual de letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2021/2022 (artigo 29 da Orden do 12 de Marzo de 2013). As letras de prioridade que afectan ao primer apellido son: “W” e “S”; asimismo afectan ao segundo apellido as letras: “B” e “F”. – É obrigatoria a asistencia; dúas faltas sen xustificar darán lugar á baixa na actividade. – Só se permitirán como xustificantes válidos de falta de asistencia o xustificante médico por enfermidade ou ingreso do/a neno/a ou de familiar co que conviva.
- PRAZO DE INSCRICIÓN E ADXUDICACIÓN – O prazo de inscrición será do 13 ao 16 de decembro de 2021 (ámbolos dous incluídos). As solicitudes fóra do prazo sinalado estarán suxeitas á existencia de prazas libres.
- As inscricións realizaranse por unha das seguintes formas:
– De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Badás: https://barbadas.sedelectronica.gal.
– De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168). E en calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.8.
A inscrición é de balde. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR Deberá presentarse o modelo de solicitude debidamente cumprimentado e a seguinte documentación:
– No caso de traballadores por conta allea: certificado da empresa en que se acredite o seu horario laboral.
– No caso de traballadores por conta propia (autónomos) : declaración xurada do profesional que traballa por conta propia con indicación da xornada laboral, e o último recibo en vigor da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
– No caso de que o/a menor conviva só cun dos seus proxenitores e non sexa familia monoparental:deberán achegar, ademais do anterior, sentenza de separación/divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais nas que se especifique o proxenitor o que pertence a custodia do menor.
– No caso de familias monoparentais:deberán achegar ademais do anterior libro de familia.
– No caso de que non exista vínculo matrimonial, e ambos proxenitores convivan co menor:deberán achegar, ademais do anterior, certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente. Os datos reflectidos na documentación presentada deberán ser certos na súa totalidade; de non ser así, suporá a baixa automática e a perda de todos os dereitos de participación na actividade.
- HORARIO DE ACTIVIDADE Esta actividade terá lugar no Espazo Infantil (Parque da Solaina, A Valenzá) en horario de 9.00 á 14.00 horas da mañá os días 22, 23,27,28,29 de decembro de 2021 e 3,4,5 de xaneiro de 2022.
- Este programa poderá sufrir modificacións en función das medidas sanitarias que sexa necesario adoptar para garantir a seguridade das persoas adxudicatarias debido á situación creada polo COVID-19.
- ORGANIZA Concellaría de Educación Tel: 988246885 E-mail: educacion@barbadas.es http:// barbadas.es.
Data | Adxuntos |
---|---|
20/12/2021 | Bases Ludotecas Nadal PDF [423 KB] |
20/12/2021 | Solicitude Ludotecas Nadal PDF [550 KB] |
20/12/2021 | Listado admitidos ludoteca nadal 2021 PDF [341 KB] |