09/12/2019
Ludotecas de Nadal en Barbadás
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS LUDOTECAS DE NADAL QUE SE DESENROLARÁN NO ESPAZO INFANTIL DA SOLAINA
Xogos, traballos manuais, expresión plástica, obradoiros musicais, contacontos, cine, lectura e con unha temática cultural baseada nas tradicións durante a festividade de Nadal
O prazo de inscrición será entre o 9 e o 13 de decembro
- As ludotecas de Nadal organizadas no Espazo Infantil de Barbadás desenrolarase os días 26, 27 e 30 de decembro DE 2019 e os días 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020.
- As ludotecas de Nadal ofertan 25 prazas para solicitantes de 3 a 6 anos empadroados no Concello e 25 prazas para solicintes de 7 a 12 anos empadroados en Barbadás.
- A adxudicación de prazas realizarase de forma directa no caso de que a demanda non supere o número de prazas
- En caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas disponibles, a adxudicación realizarase por sorteo público.
- As ludotecas de Nadal son actividades educativas e de animación sociocultural na que se desenvolverán xogos, traballos manuais, expresión plástica, obradoiros musicais, contacontos, cine ou lectura.
- As xornadas serán de 5 horas de duración e con unha temática cultural baseada nas tradicións durante a festividade do Nadal.
- O prazo de inscrición será entre o 9 e o 13 de decembro.
- A organización reservará en cada quenda un 5% das prazas para os/as solicitantes con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- Se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas realizarase un sorteo o 18 de decembro ás 12 do mediodía, podendo asistir todas as persoas interesadas.
- O xoves 19 de decembro publicarase o resultado do sorteo bno taboleiro do Espazo Infantil e na páxina web do Concello.
- As inscrición poderán realizarse de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello, nas Oficinas Municipais da Valenzá ou por correo certificado presentando a seguinte documentación: folla de inscrición, certificado de recoñecemento de discapacidade (de ser o caso) e libro de familia só no caso de que o/a menor non dispoña de DNI aos efectos de proceder á comprobación dos datos.
- No caso de presentar a solicitude por correo certificado deben dirixila á dirección: Concello de Barbadás, Rúa Cimadevila, 1, 32890, Barbadás (Ourense).
- O horario de oficina para a inscrición presencial é de 8,30 a 14,30.
- A inscrición é de balde.
- A información relativa a esta actividade é facilitada dende a Concellería de Educación, parque da Solaina, s/n.
- Os teléfonos de consulta son o 988391526, a dirección de e-mail é xuventude@barbadas.es. Tamén poden descargarse as solicitudes, as bases ou a información a través da páxina web barbadas.es.